Unha vez adquirido o teu abono e antes de viaxar, cómpre que reserves e obteñas o teu billete para o día e o tren que che interesa, o que se coñece na xerga ferroviaria como "formalizar". Podes facelo a través de calquera das canles de venda de Renfe.
Todos os abonos de Avant pódense anular sen custo sempre que non realizases ningunha operación con el. Se xa fixeches algunha, pero aínda non viaxaches, poderás cancelalo con gastos (15 % do seu prezo).