Que che ofrece a Tarjeta Plus 10?
 

  • 10 viaxes de ida ou volta, indistintamente
  • Sempre no mesmo traxecto, entre dúas estacións que debes escoller no momento da compra do abono
  • Descontos en función do traxecto
  • É nominativa e intransferible
  • Validez: tes 2 meses para facer a túa primeira viaxe desde a data da compra e 8 días para consumir todas as viaxes desde a primeira formalización. Debido á situación sanitaria e ata o 30 de xuño de 2022, este período amplíase a 20 días

Unha vez adquirido o teu abono e antes de viaxar, cómpre que reserves e obteñas o teu billete para o día e o tren que che interesa, o que se coñece na xerga ferroviaria como "formalizar". Podes facelo a través de calquera das canles de venda de Renfe.

Todos os abonos de Avant pódense anular sen custo sempre que non realizases ningunha operación con el. Se xa fixeches algunha, pero aínda non viaxaches, poderás cancelalo con gastos (15 % do seu prezo).