Unha vez adquirido o teu abono e antes de viaxar, cómpre que reserves e obteñas o teu billete para o día e o tren que che interesa, o que se coñece na xerga ferroviaria como "formalizar". Podes facelo nos despachos de billetes das estacións, máquinas autovenda, venda telefónica (912 320 320), axencias de viaxes ou a través da aplicación Rente.
Todos os abonos de Avant pódense anular sen custo sempre que non realizases ningunha operación con el. Se xa fixeches algunha, pero aínda non viaxaches, poderás cancelalo con gastos (15 % do seu prezo).