Que che ofrece o novo abono gratuíto?

Contámosche como adquirir o novo Abono gratuito para viajeros frecuentes e como utilizalo. Obtén xa o teu abono nos puntos de compra habituais: máquinas autovenda e despachos de billetes da estación. Non o deixes para última hora!

  • O abono ten unha data de validez de ata 4 meses (caducidade 31 de decembro de 2022).
  • No momento da compra do abono, deberás elixir as dúas estacións (orixe/destino) entre as que vas viaxar.
  • Podes adquirilo xa nos puntos de venda habituais: páxina web renfe.com (recomendado, opción non habilitada en rexionais de Rodalies), máquinas autovenda e despachos de billetes da estación
  • Poderás formalizar as túas viaxes nas seguintes canles: app de Renfe, páxina web renfe.com, máquinas autovenda e despachos de billetes da estación (recomendámosche a formalización en liña, máis cómoda e rápida, agás en rexionais de Rodalies). O número máximo de formalizacións que se poden realizar para viaxar nun día serán catro. Non se poderán formalizar viaxes para dous ou máis trens consecutivos, no mesmo sentido.
  • O abono é gratuíto, pero para adquirilo débese aboar unha fianza de 20 euros. Recomendámosche o pagamento mediante tarxeta de crédito/débito.
  • Se se aboou a fianza con tarxeta bancaria, reintegrarase o importe na túa tarxeta automaticamente ao finalizar os 4 meses de validez do abono, sempre que realizases un mínimo de 16 viaxes (non esquezas que o acceso aos trens de Media Distancia faise co abono debidamente validado ou formalizado). Se o pagamento da fianza se realizou en metálico, haberá que cubrir unha solicitude específica para a súa devolución. É importante que conserves o abono durante todo o seu período de vixencia, para que poidamos reintegrarche a fianza que depositaches.


Durante o período de comercialización do novo Abono Recurrente, suspenderase a venda do resto dos abonos habituais, aínda que aqueles que fosen adquiridos con anterioridade manterán a vixencia coa que foron adquiridos e poderán utilizarse igualmente.

Ademais, segundo o Real decreto (lei) aprobado no Consello de Ministros o pasado día 6 de setembro, incorpórase a gratuidade dos servizos ferroviarios de media distancia Avant entre Ourense e A Coruña e entre Madrid e Salamanca, por prestarse por rede convencional e non de alta velocidade.

Os títulos multiviaxe vendidos con anterioridade á entrada en vigor do desconto recollido no Real decreto (lei) 11/2022, do 25 de xuño, e que se utilicen entre o 1 de setembro e o 31 de decembro de 2022, poderán solicitar a devolución de cada viaxe realizada nese período nas canles de posvenda de Renfe.