Selección de asentos

(en función do tren)

Cambios

Anulacións

Clase

Lembra que en trens AVE, Larga Distancia e Avant, os menores de 14 anos deben viaxar acompañados dun adulto ou utilizando o Servizo de menores que viaxan sós nos trens que dispoñan desta opción. 

En Renfe, implantamos o billete personalizado en todas as nosas canles de venda, polo que, durante o proceso de compra de calquera billete de Media Distancia ou Avant terás que facilitar unha serie de datos básicos da persoa que vai viaxar, incluído un número de teléfono móbil de contacto.

Así poderemos poñernos en contacto contigo en caso de necesidade, por motivos de seguridade ou saúde, e ofrecerche unha mellor atención antes e durante a viaxe, informándote de calquera incidencia ou demora do teu tren.

Os billetes de grupo e outras promocións poden estar suxeitos a condicións especiais de cambios e anulacións. Infórmate sempre das características propias de cada oferta.