Dáte de alta en Más Renfe e consegue un 10 % de desconto de benvida, a que esperas?

Que é Más Renfe?
 

Más Renfe é o Programa de fidelización de Renfe, un programa deseñado para clientes frecuentes co que desexamos premiar a túa fidelidade e mellorar a túa experiencia de viaxe antes, durante e despois dela. Só por pertencer ao programa poderás conseguir viaxes cos teus puntos Renfe. Os puntos acumulados poderás trocalos tamén polos servizos ofrecidos polas nosas empresas colaboradoras.



Como funciona?

1. Dáte de alta na seguinte ligazón, é gratuíto.

2. Introduce o teu número Más Renfe sempre que reserves a túa viaxe, xa sexa en renfe.com, despacho de billetes da estación, axencia de viaxes etc. Tamén poderás conseguir Puntos Renfe coas nosas empresas colaboradoras e sempre que utilices a tarxeta Mastercard Renfe ou a tarxeta American Express Renfe.

3. No momento da compra coñecerás os Puntos Renfe obtidos, que se anotarán na túa conta unha vez realizada a viaxe.

4. Viaxa de balde só por viaxar trocando os teus Puntos Renfe por billetes de tren e nos produtos e servizos das nosas empresas asociadas.

Ademais, dependendo das viaxes que acumules, poderás subir de nivel dentro do programa Más Renfe. Estes son os niveis: Más Renfe, Más Renfe Plata, Más Renfe Oro ou Más Renfe Platino.

Cada unha delas está deseñada para mellorar a túa experiencia de viaxe con servizos exclusivos como acceso ás Salas club, aparcadoiro gratuíto, puntos sen caducidade, descontos exclusivos, actualizacións a Prémium ou Elige Confort, etc.