Tarjeta Más Renfe Joven
 

 

É unha tarxeta unipersoal, nominativa e intransferible que ofrece aos seus titulares un desconto sobre o mellor prezo dispoñible dos trens empregados.

Pódena adquirir os mozos que teñan entre 14 e 25 anos no momento da súa compra ou renovación. O seu prezo é de 50 €; ao mercala recibirás o teu número de cliente Más Renfe e poderás comezar a mercar os teus billetes con desconto.


AVE e Larga Distancia

  • Desconto do 30 % sobre o mellor prezo dispoñible no momento da compra.

Avant, Media Distancia e Cercanías/Rodalies

  • Desconto do 25 %

Como se obtén?

A través de www.renfe.com recíbese un "número de cliente" que se utiliza para identificarse e acceder ás prestacións.

Non o penses máis e compra a Tarjeta Más Renfe Joven para aforrar en todas as túas viaxes.