Como podo obter Puntos Renfe?
 

Cada vez que viaxes cos nosos servizos Ave, Larga Distancia, Avant, abonos nominativos de Media Distancia e Cercanías/Rodalies podes acumular Puntos Renfe, puntos que se che asignarán en función do teu nivel de tarxeta e opción de viaxe elixida.

É imprescindible que indiques o teu número de tarxeta ao facer unha compra por calquera canle (despachos de billetes das estacións, app "RenfeTicket", Máquinas autovenda multiproduto, sitio web de Renfe, servizo de venda telefónica de billetes "Renfe contigo" no 91 232 03 20 e distribuidores e axencias de viaxes autorizados).

Tamén podes obter Puntos Renfe coas empresas colaboradoras

Ademais, se utilizas como forma de pagamento a tarxeta American Express Renfe conseguirás un 15 % do importe de todas as túas compras en Puntos Renfe. 1 € gastado coa tarxeta = 0,15 Puntos Renfe.
 

Exemplo de obtención de Puntos Renfe 

Puntos por cada 50 € de compra en trens Ave a través das canles de internet e móbil:

 

Opción

Puntos obtidos

Prémium

23 puntos

Elige Confort

19 puntos

Elige

15 puntos

Básico

11 puntos

 

Como podo trocar os meus Puntos Renfe?
 

Podes utilizar os teus Puntos Renfe para viaxar gratis en calquera dos nosos trens Ave, Larga Distancia, Media Distancia, Avant e Cercanías/Rodalies. No proceso de compra dos teus billetes indicarase o prezo expresado en Puntos Renfe.

10 Puntos Renfe equivalen a 1 €.

Deberás ter un número de puntos polo menos igual ao prezo do billete, xa que non se admite o pago fraccionado dun billete: parte con puntos e parte en euros.

Tamén poderás trocar os teus Puntos Renfe en hoteis, alugueiro de vehículos ou doazóns a ONG grazas ás nosas empresas colaboradoras.
 

Algunhas ideas para trocar os teus puntos saíndo desde Madrid : 

 

 

Algunhas ideas para trocar os teus puntos saíndo desde Barcelona: