Os nosos socios

 

Hoteis

 

Hard Rock Hotel. No corazón de Madrid

A experiencia Más Renfe continúa no Hard Rock Hotel Madrid, situado fronte ao histórico Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e o famoso Triángulo de Ouro da Arte, en Ronda de Atocha n.º 17. Coñéceo na súa web.

Se es membro dos niveis Más Renfe Plata, Más Renfe Oro ou Más Renfe Platino gozarás dos seguintes beneficios exclusivos:

  • Zona de embarque prioritaria
  • Consumición gratuíta no RT360, Roxy Lounge ou GMT+1
  • Early check in gratuíto segundo dispoñibilidade
  • Late check out gratuíto baixo dispoñibilidade
  • Prezo especial de almorzo, reservando con antelación, de 14 €

Para acceder a estas vantaxes só terás que aloxarte en Hard Rock Hotel Madrid e identificarte como titular dentro do programa Más Renfe Plata, Más Renfe Oro ou Más Renfe Platino na recepción do hotel, onde poderás consultar, ademais, todos os detalles e dispoñibilidade de beneficios.

Máis información

Rusticae – Hoteis con encanto

Rusticae é unha selección de hoteis en todo o país, perfectos para escapar coa túa parella, amigos ou familia. Podes utilizar os teus Puntos Renfe para reservar nesta selección de hoteis Rusticae.

Troco de puntos
1.º- Selecciona o aloxamento dentro da selección de hoteis Rusticae
2.º- Contacta co noso Centro de chamadas (914 879 017) para formalizar a reserva sempre baixo dispoñibilidade.
3.º- Benefíciate dun 10 % de desconto comprando Chaves agasallo Rusticae.

Reservas
Contacta co Centro de chamadas de Rusticae (914 879 017) de L a V de 10:00 h a 14:00 h ou a través do correo electrónico reservas@rusticae.es

Para máis información contacta co Centro de Servizos Programa Más Renfe

  • Teléfono: 919 191 566
  • Correo electrónico: masrenfe@renfe.es

Meliá Hotels International. Onde todo é posible.

Do luxo máis exclusivo a unhas vacacións en familia ou á funcionalidade e tecnoloxía dos máis sofisticados hoteis convencionais.

Goza dunha ampla selección de establecementos que garanten a calidade a través dos seus programas personalizados de satisfacción do cliente.

Obtención de puntos Renfe
Non esquezas identificarte como membro Más Renfe na recepción do hotel ao aboar a túa factura e obterás o 50 % en puntos Renfe (calculado sobre o total da base impoñible).
A obtención de Puntos Renfe pode estar limitada a certas tarifas e/ou establecementos; por iso, consulta as condicións específicas para obter puntos antes de facer a reserva. A obtención de puntos non é compatible coas reservas realizadas con cargo a puntos. Só obtén puntos Renfe o membro dentro do programa Más Renfe e unicamente polo seu cuarto.
Reserva suxeita á dispoñibilidade de prazas.

Cambio de puntos
Cambia os puntos acumulados na túa conta por estadías nunha selección de establecementos da cadea Meliá Hotels International.

O troco de Puntos Renfe pode estar limitado a certas tarifas e/ou establecementos; por iso, consulta as condicións específicas para trocar os puntos antes de facer a reserva. O aloxamento con cargo a Puntos Renfe non dá dereito á obtención de Puntos Renfe e a reserva está suxeita á dispoñibilidade de prazas.

Reservas

  • Centro de servizos Programa Más Renfe: 919 191 566.

 

Servizos financeiros

 

Tarxetas Renfe Mastercard

Descubre o novo programa de tarxetas Renfe Mastercard.

Pagando as túas compras con calquera das tres tarxetas de crédito dispoñibles (Renfe Mastercard, Renfe Mastercard Viaja e Renfe Mastercard Descubre), obterás Puntos Renfe e gozarás doutros beneficios, como seguros, descontos directos na compra de billetes e outras vantaxes. 

Para ser titular dunha tarxeta Renfe Mastercard debes ser titular previamente dunha Tarjeta Más Renfe de calquera nivel.

Máis información

Tarxeta American Express Renfe.

Coa tarxeta American Express Renfe conseguirás o 15 % do importe de todas as túas compras en Puntos Renfe.

Ademais, poderás acceder aos niveis superiores da Tarjeta Más Renfe só por utilizar a túa tarxeta American Express Renfe nas túas compras diarias.

Solicítaa agora e non perdas a oferta de benvida.

Máis información

Programa Membership Rewards.

Obtención de puntos
Por ser membro do Programa Membership Rewards de American Express podes trocar os teus puntos MR por Puntos Renfe e viaxar de balde en tren ou adquirir os produtos e servizos das empresas colaboradoras.

 

Viaxes

 

Renfe viaxes

Goza con Renfe Viajes da túa viaxe en tren xunto coas mellores combinacións de hoteis e lecer. Atopa o hotel que mellor se adapte a ti e vive o lecer de maneira inesquecible (musicais, teatros, parques temáticos, museos, visitas guiadas).

Con Renfe Viajes consegues o 4 % do importe en Puntos Renfe, é dicir, por unha compra de 100 € obterías 40 Puntos Renfe (os puntos anotaranse na túa conta unha vez gozando o servizo).

Tamén podes utilizar os teus Puntos Renfe en compras de Renfe Viajes. Tan só terás que seleccionar Más Renfe como forma de pagamento e, se non dispós de puntos suficientes, non te preocupes, poderás combinalo con outros medios de pagamento. Lembra que 10 puntos Renfe equivalen a 1 €.

Reservas: 
renfeviajes.renfe.com 
Centro de contacto: 918280012 (luns a venres de 8 a 21 h e sábados, domingos e festivos de 10 a 14 h)
Mail Viajes Reina: renfeviajes@ociotour.es

Información:  
 Para obter máis información, contacta co Centro de servizos Programa Más Renfe:
Teléfono: 919 191 566.
Correo electrónico: masrenfe@renfe.es

 

Aluguer de vehículos

 

AVIS, é o momento de escapar

Reserva xa o teu coche de alugueiro e goza das diferentes ofertas e promocións dispoñibles para percorrer España. Elixe unha delas e continúa a túa viaxe con AVIS.

Obtención de puntos
O programa Más Renfe e AVIS ofrécenlles aos titulares do programa Más Renfe a posibilidade de beneficiarse de vantaxes exclusivas en alugamento de coches na rede de oficinas de AVIS España.

A tarifa Train & Drive permíteche alugar un vehículo en Avis desde 35 € ao día todo o ano na Península e nas Baleares identificándote como membro Más Renfe.

Ademais, poderaste beneficiar dun CONDUTOR ADICIONAL GRATIS e obter o 65 % en Puntos Renfe.

E ademais, goza destas ofertas: 3x2 (aluga 3 días e paga 2) ou 7x5 (aluga 7 ou 6 días e paga 5).

A tarifa inclúe: quilometraxe ilimitada, CDW (seguro con cobertura contra danos con franquía), TP (seguro de roubo), IVE e taxas de Renfe.

Reservas
Teléfono Central de Reservas: 902 135 531
Páxina web: AVIS
Train & Drive: En AVIS

Troco de puntos
Troca os teus puntos e aluga o teu coche na rede de oficinas de AVIS España, desde 480,80 puntos/día (Grupo A-B), ata 1.502,50 puntos (Grupo K – L). Consulta os puntos necesarios para reservar vehículos doutros grupos.

A tarifa inclúe: quilometraxe ilimitada, CDW (seguro con cobertura contra danos con franquía), TP (seguro de roubo), IVE e taxas de Renfe. Oferta válida na Península e Baleares e suxeita ás condicións xerais de Avis.

O alugueiro con cargo a puntos non dá dereito á obtención de puntos.

Reservas

  • Centro de servizos Programa Más Renfe: 919 191 566.

Europcar: Coche, tren e un mar de vantaxes.

Aluga o coche con Europcar coa garantía do mellor servizo.

Obtención de puntos
Europcar pon á túa disposición a súa tarifa xeral, para poder alugar o teu vehículo sempre que o necesites e coa que obterás un 65 % en puntos Renfe se es titular dentro do programa Más Renfe ou Más Renfe Plata ou o 70 % se es titular dentro do programa Más Renfe Oro ou Más Renfe Platino. Non esquezas identificarte como membro do programa Más Renfe ao recoller o vehículo.

Reservas
Central de Reservas Europcar: 902 105 030 indicando o teu número Más Renfe.

Troco de puntos
Troca os teus puntos e aluga o teu vehículo con Europcar.
Consulta os puntos que necesitas para realizar a túa reserva contactando co Centro de servizos do Programa Más Renfe.
O titular debe reunir as condicións de crédito e idade esixidas por Europcar, ademais de dispoñer de permiso de condución.
O aluguer inclúe quilometraxe ilimitada e IVE O titular do programa Más Renfe deberá aboar seguros opcionais e gasolina. O alugueiro con cargo a puntos non dá dereito á obtención de puntos.

Reservas

  • Centro de servizos Programa Más Renfe: 919 191 566.

 

Seguros

 

Mutua: Vir á Mutua ten regalo.

Se es membro do programa Más Renfe poderás conseguir ata 1300 puntos Renfe por contratar o teu seguro de coche ou moto coa Mutua.

Obtención de puntos
Consigue ata 1.300 Puntos Renfe por contratar o teu seguro de coche ou moto en Mutua Madrileña e, ademais, poderás beneficiarte de:

  • 2 cheques de lavado gratuítos ao ano para trocar nas estacións de servizo de Repsol, Campsa e Petronor.
  • 10 € na túa tarxeta SOY para trocar gasolina nas estacións de servizo de Repsol, Campsa e Petronor despois da primeira renovación do teu seguro.
  • 2 entradas gratuítas ao ano para o Museo Nacional Reina Sofía.

Contrata a túa póliza chamando ao 915 578 313 (servizo prestado por Mutua Madrileña para os clientes de Renfe).

 

Publicacións

 

Unidade Editorial

Cambio de puntos
Más Renfe e Unidad Editorial ofrécenche como membro Más Renfe a posibilidade de utilizar os puntos Renfe por subscricións ás túas publicacións favoritas:

  • Expansión: o diario económico líder en España.
    • 6 meses: 3.100 puntos
    • 1 ano: 6.200 puntos
  • Telva: para estares ao día nas últimas tendencias en moda e beleza feminina, esta é a túa revista.
    • 6 meses: 250 puntos
    • 1 ano: 500 puntos

Para te subscribires con cargo a Puntos Renfe, chama ao Centro de servizos Más Renfe no 919 191 566. Empezarás a recibir a túa revista ao mes seguinte de solicitares a subscrición.

 

ONG

Doa os teus Puntos Renfe.
Renfe mantén un acordo de colaboración con distintas ONG, entre as que se encontran Aldeas Infantiles, Federación de padres de niños con cáncer e Nuevo Futuro

Se aínda non sabes onde trocar os teus Puntos Renfe, non esquezas botar unha ollada ao importante labor destas asociacións. Usa os teus Puntos Renfe converténdoos en axuda directa (valor 10 Puntos Renfe = 1 euro).

Como doar os teus Puntos Renfe:
Para doar os teus Puntos Renfe, chama ao Centro de servizos do Programa Más Renfe no 919 191 566 ou realiza a doazón directamente accedendo á túa Área privada.

Lembra que 10 Puntos Renfe equivalen a 1 euro.

 

Federación Española de Padres de Niños con Cáncer

Troco de puntos
A Federación Española de Pais de Nenos con Cancro, formada por nais e pais voluntarios que tiveron ou teñen un fillo ou filla con cancro, traballa desde 1990 para dar apoio e resposta ás necesidades de máis de 16.000 persoas ao ano en toda España. Un apoio integral: asistencial, psicolóxico, técnico, económico.

Doa os teus Puntos Renfe á Federación Española de Padres de Niños con Cáncer e colaborarás nunha dirección moi concreta: mellorar a calidade de vida de nenos e adolescentes con cancro. Unha materia pendente que agora, entre todos, temos a oportunidade de aprobar. Disto depende que gran número de persoas ao ano poidan seguir recibindo atención psicolóxica, acollendo ás familias que se desprazan do seu lugar de residencia para poder tratar e curar ao seu fillo nunha Unidade de Oncoloxía Pediátrica, grazas ás 45 casas de acollida de NENOS CON CANCRO que proporcionan información, apoio, axudas económicas para medicamentos, alimentos, transporte, libros, etc.

En nome do Programa Más Renfe e no de todos os nenos enfermos de cancro que van recibir a túa doazón, moitas grazas!

Novo Futuro

Troco de puntos
O Programa Más Renfe e Nuevo Futuro ofrécenche a posibilidade de apoiar o labor do Proxecto Sirio empregando os teus Puntos Renfe en doazóns para os nenos máis necesitados.

Novo Futuro precisa a túa axuda para construír un novo fogar na cidade de Sevilla e conseguir unha familia e un fogar para estes nenos que necesitan o apoio e a solidariedade de todos para conseguiren a plena integración na sociedade.

Todos os nenos de Novo Futuro e o Programa Más Renfe danche as grazas pola túa doazón.

Aldeas infantiles

Troco de puntos
NINGÚN NENO NACE PARA CRECER SÓ

Colabora con Aldeas Infantiles SOS a través dos teus puntos Renfe. Únete ao seu desafío para darlle un fogar feliz e un futuro cheo de esperanza a miles de nenos.

Aldeas Infantiles SOS fai 50 anos en España. Medio século protexendo a infancia, traballando coa xente nova, apoiando ás familias en situación de risco e respondendo de inmediato ás emerxencias que afectan de xeito máis dramático á rapazada, pero aínda queda moito por facer!

Coa túa colaboración contribuirás a que moitos nenos e mozos que se atopan en situación de risco poidan ter unha vida mellor.

Moitas grazas no noso nome e no de Aldeas Infantiles SOS España!