Descubre a tarxeta American Express Renfe. Con ela poderás aproveitar aínda máis as túas viaxes en tren.
Obtén un 15 % do importe de todas as túas compras en Puntos Renfe e accede con máis facilidade ás vantaxes dos titulares das Tarjetas Más Renfe Plata, Más Renfe Oro e Más Renfe Platino.
Dámosche a benvida con ata 1200 Puntos Renfe, equivalentes a 120 €, ao realizar un gasto de 2000 € coa tarxeta nos primeiros seis meses.
Oferta válida só para novos titulares de American Express.
Accede máis facilmente aos niveis superiores da Tarjeta Más Renfe (Plata, Oro e Platino) utilizando a túa tarxeta American Express Renfe (Consulta as Condicións legais para máis información):
Regalámosche a cota dos primeiros 6 meses e a partir do sétimo mes a cota será de aproximadamente 7 € ao mes.
Utiliza a tarxeta American Express Renfe para comprar diariamente en supermercados, gasolineiras, restaurantes, cines, viaxes etc. e consigue o 15 % do importe de todas as túas compras en Puntos Renfe. 1 € gastado coa tarxeta = 0,15 Puntos Renfe.
Ademais, goza de prioridade no control de acceso aos trens nas estacións habilitadas ensinando a túa tarxeta American Express Renfe.
Debes pertencer ao programa Más Renfe. Para máis información ou solicitar a túa tarxeta, consulta a web de solicitude da tarxeta American Express Renfe.
É unha tarxeta unipersoal, nominativa e intransferible que ofrece aos seus titulares un desconto sobre o mellor prezo dispoñible dos trens empregados.
Pódena adquirir os mozos que teñan entre 14 e 25 anos no momento da súa compra ou renovación. O seu prezo é de 50 €; ao mercala recibirás o teu número de cliente Más Renfe e poderás comezar a mercar os teus billetes con desconto.
A través de www.renfe.com recíbese un "número de cliente" que serve para identificarse e para acceder ás prestacións
Non o penses máis e compra a Tarjeta Más Renfe Joven para aforrar en todas as túas viaxes.