Aproveita o Coche en Silencio. Comprando o teu billete neste coche gozarás da tranquilidade necesaria para concentrarte no teu traballo, na lectura ou simplemente descansar.
Ofrécese en billete Básico e Elige Estándar de trens AVE e Euromed sen custo adicional.
Este servizo non está dispoñible para viaxes en AVE Internacional entre España e Francia.
Ten en conta que se viaxas no Coche en Silencio debe respectar unhas normas de viaxe:
- Non poderás manter conversas por teléfono móbil.
- Debes usar os auriculares para escoitar audio ou vídeo e sempre a un volume que non moleste ao resto da pasaxe.
- Debes silenciar todos os dispositivos electrónicos.
- Respecta o silencio, fala cun ton baixo e evita conversas longas.
Ademais, no Coche en Silencio:
- Non se presta o servizo de bar móbil.
- Non poden viaxar menores de 14 anos nin mascotas.
- Non se comercializa en Grupos.
- Só se transmiten mensaxes de megafonía imprescindibles.
- Para manter un ambiente relaxado, báixase a intensidade da iluminación sempre que sexa posible.
Adquire os teus billetes para viaxar no Coche en Silencio en renfe.com, despachos de billetes das estacións e axencias de viaxes.
Comprando o teu billete neste coche gozarás da tranquilidade necesaria para concentrarte no teu traballo, na lectura ou simplemente descansar. Ófertase en asento Estándar de trens AVE (agás AVE Internacional entre España e Francia) e Euromed sen custo engadido.