A partir do 12 de decembro de 2023 e por cuestións de seguridade no transporte, non se permite o acceso aos trens con patinetes e monociclos eléctricos ou vehículos similares. Quedan excluídos desta normativa os vehículos para persoas con mobilidade reducida, así como as bicicletas eléctricas.
Son aqueles que polas súas dimensións ou outras limitacións non poden considerarse equipaxe de man e, polo tanto, teñen condicións particulares de viaxe.
Ten presente que só se pode subir a bordo unha peza de equipaxe especial por persoa, acompañada doutra bolsa de man de dimensións máximas 55x35x25.
No caso de viaxar no AVE Internacional entre España e Francia a equipaxe especial ten as mesmas condicións, excepto que etiquetar a equipaxe é obrigatorio.
Lembra que para viaxar en trens Avlo a política de equipaxes é máis restritiva. Consulta toda a información.
O transporte de bicicletas e patinetes (patinetes non eléctricos) sen encartar varía segundo o tipo de tren no que viaxes. Consulta toda a información ao respecto.
Tanto os paus de golf coma os equipos de esquí e pesca deportiva deberán viaxar dentro das súas correspondentes bolsas, perfectamente pechadas.
Lembra que para a túa viaxe en Avlo, podes levar a seguinte equipaxe incluída no prezo do billete:
Se necesitas engadir 1 equipaxe adicional de dimensións máis grandes, cun máximo de 85x60x35 cm (ou que non supere os 180 cm en total), podes facelo no momento da compra do teu billete por 10 €, posteriormente e en liña por 15 € ou directamente na estación, no control de acceso, ata 30 minutos antes da saída do teu tren por 15 €.
Ademais, se tes que viaxar con armas de fogo ou outros obxectos perigosos, ten en conta que o seu transporte está suxeito a condicións especiais:
Consulta toda a normativa respecto á seguridade e acceso ás zonas de embarque, obxectos non permitidos e excepcións na seguinte ligazón.