A partir do 12 de decembro de 2023 e por cuestións de seguridade no transporte, non se permite o acceso aos trens con patinetes e monociclos eléctricos ou vehículos similares. Quedan excluídos desta normativa os vehículos para persoas con mobilidade reducida, así como as bicicletas eléctricas.

Equipaxe de man

Podes subir a bordo do tren ata 3 vultos considerados equipaxe de man, sempre que a suma dos tres non supere os 25 kg ou 290 cm de tamaño.

As dimensións máximas permitidas son 85x55x35 cm. (alto–ancho–fondo).

No caso de viaxar no AVE Internacional entre España e Francia a equipaxe de man ten as mesmas condicións, excepto que etiquetar a equipaxe é obrigatorio

Lembra que para viaxar en trens Avlo a política de equipaxes é máis restritiva. Consulta toda a información.
 

 

Que consideramos equipaxe de man?

  • Maletas, bolsos de man, mochilas, maletíns para ordenadores e similares.
  • Cadeiras e coches portabebés, sempre que vaian pregados.

Ademais,

  • Instrumentos musicais, transportados na súa funda, que non superen as dimensións 30x120x38 cm. (ancho-lonxitude-fondo).
  • Todas as bicicletas e patinetes (patinetes non eléctricos) encartados dentro dunha funda considéranse equipaxe de man sempre que as súas dimensións non superen entre as tres máis de 180 cm e, polo tanto, serán admitidas de balde en todos os servizos regulares de Renfe Viajeros. A política de transporte de bicicletas e patinetes sen encartar depende do tipo de tren no que viaxes. Consulta toda a información ao respecto.

 

Lembra que para a túa viaxe en Avlo, podes levar a seguinte equipaxe incluída no prezo do billete:

  • 1 equipaxe de man (bolso, mochila, etc.) de dimensións máximas: 36x27x25 cm, sen límite de peso
  • 1 maleta de cabina de dimensións máximas: 55x35x25 cm, sen límite de peso

Se necesitas engadir 1 equipaxe adicional de dimensións máis grandes, cun máximo de 85x60x35 cm (ou que non exceda os 180 cm en total), podes facelo no momento da compra do teu billete por 10 € ou con posterioridade á compra do teu billete e ata 30 minutos antes da saída do tren en calquera das nosas canles de venda por 15 €.