Oficina Central Adif ACERCA
Glorieta de Carlos V, s/n
Estación de Madrid Atocha Cercanías
28045 MADRID
É a oficina de atención especializada e personalizada para persoas con discapacidade ou mobilidade reducida que viaxan en tren. Alí atoparás dispositivos telefónicos e telemáticos adaptados, bucle de indución e folletos en formatos accesibles. Tamén dispón dun punto accesible de ordenador.
Perante calquera situación especial, esta oficina está ao teu dispor para informarte e xestionar a túa viaxe do xeito máis adecuado.
Ademais, se desexas viaxar a un destino non recollido nesta guía, ponte en contacto connosco, estudaremos o teu caso e, en función da accesibilidade dos trens e instalacións, facilitarémosche unha alternativa de viaxe. Faremos todo canto sexa posible para organizar a túa viaxe con total seguridade, comodidade e garantía de servizo.