Preguntas frecuentes sobre o servizo de asistencia

Utilizas cadeira de rodas ou escúter?

Ten en conta as dimensións máximas permitidas a bordo para as cadeiras de rodas, tanto manuais como con motor eléctrico, e os escúteres: ancho 700 mm, profundidade 1300 mm e altura 1400 mm (Real Decreto 1544/2007 e R.D. 537/2019).

  • Se utilizas cadeira de rodas ou escúter e vas viaxar ocupando unha praza regular, lembra que ambas as dúas se deben poder encartar para facilitar o seu transporte.
  • Nalgúns trens de Media Distancia, é posible que o teu billete non teña asento asignado. Se vas realizar a túa viaxe na praza H, non esquezas solicitala no teléfono 912 320 320.
  • Se tes dificultades de mobilidade e precisas dunha cadeira de rodas do servizo de asistencia para moverte pola estación e/ou acceder ao tren, solicítaa no teléfono 912 320 320.
  • Se utilizas outros dispositivos especiais para a túa mobilidade, consulta na Oficina Central Adif ACERCA a súa posibilidade de embarque.

Queres viaxar en grupo?

Ponte en contacto coa Oficina Central Adif Acerca para que te asesoren na organización da viaxe (91 774 40 40 / oca.asistenciapmr@adif.es).

Hai limitación de peso e medidas na miña equipaxe?

Para asistencias prestadas en territorio español podes subir a bordo do tren ata 3 bultos considerados equipaxe de man, sempre que a suma dos tres non exceda os 25 kg de peso nin os 290 cm. de tamaño.

Para asistencias prestadas fóra do territorio español, o límite de peso da túa equipaxe será de 15 kg.