Onde mercar o teu billete?

Mercar o teu billete para viaxar en Renfe non pode ser máis sinxelo. Tes ao teu alcance varias canles de venda e métodos de pagamento para que escollas a que se axusta a ti en cada momento.

Lembra que só comprando en www.renfe.com e Renfe Ticket accederás a todos os descontos e non terás gastos de xestión.

 

Na web de Renfe

Se compras en renfe.com, poderás acceder a todas as ofertas sen gastos de xestión. Podes pagar os teus billetes con tarxeta de débito/crédito (Mastercard, Visa e American Express), PayPal e Puntos Renfe.

 

En Renfe Ticket

Fai a túa compra a través de Renfe Ticket de forma rápida e sinxela e sen gastos de xestión. Descarga a aplicación para Iphone e Android, dáte de alta en renfe.com e accede a todas as súas funcionalidades: compra e xestiona as túas viaxes, consulta horarios, a puntualidade dos trens ou os teus puntos do Programa +Renfe.

 

A través da venda telefónica

Atención personalizada as 24 horas, todos os días da semana. Compra os teus billetes de Renfe a través do teléfono 912 320 320 e elixe onde recibilos: no teu móbil intelixente, na casa, na oficina, na túa casa da praia, na aldea... E como pagalos: cambiando puntos +Renfe, tarxeta de crédito ou débito, ou en metálico se los enviamos por correo postal.

 

Na estación

Nas estacións con servizo Renfe, diríxete ao noso persoal de despacho de billetes, tanto para a compra e xestión de billetes como para consulta e atención ao cliente. 

E se prefires comprar ou xestionar os teus billetes pola túa conta, podes usar as máquinas autovenda distribuídas pola estación. O pagamento, se procede, deberá realizarse coa tarxeta de crédito/débito. 

 

En axencias de viaxes

Achéguese á súa axencia de confianza para realizar as súas compras e xestións de viaxes en tren.

De forma excepcional, podes pagar a túa viaxe, cambio de clase ou ampliación de percorrido a bordo dos trens que o permitan.