Todo os servizos do AVE Francia

Cada persoa viaxa por diferentes motivos. Sexa cal sexa o teu, o noso obxectivo é ofrecerche un servizo eficiente e atención personalizada, para que a túa viaxe nos nosos trens AVE entre España e Francia sexa sempre o máis agradable e cómodo posible.

Viaxar a Francia agora será aínda mellor. Incorporamos o servizo de restauración Prémium a bordo para que goces dunha selección de bebidas, snacks e opcións gastronómicas durante a túa viaxe. Engade a túa elección de restauración no momento de comprar o teu billete.
✨ Máis comodidade, máis flexibilidade e unha experiencia de viaxe aínda máis completa. Porque as mellores viaxes non só se miden polo destino, senón tamén por todo o que gozas durante o traxecto.

Persoal plurilingüe

O noso persoal a bordo foi seleccionado para ofrecerche a mellor asistencia e servizo.

Atoparás persoal capaz de axudarche en varios idiomas e ao que lle podes facer as túas preguntas e solicitar o seu servizo durante toda a viaxe.

A megafonía a bordo tamén se realiza en diferentes idiomas dependendo do territorio polo que se circule: español, catalán, inglés e francés. 

Pódeche interesar!

Descarga os horarios e o mapa de rutas dos nosos trens AVE entre España e Francia: toda a información que che interesa ao teu alcance!