Se viaxas a partir do 25 de xaneiro de 2027, infórmate sobre as novidades nos nosos billetes, condicións e extras. Compara as distintas opcións e descubre as novas vantaxes para viaxar con máis flexibilidade. Máis información.

 

O billete Básico asegúrache sempre o mellor prezo para a túa viaxe, coa calidade de todos os nosos servizos e a comodidade dos mellores trens, asentos espazosos, luz de lectura e toma de corrente.

Co billete Básico viaxas sempre en espazo Estándar. O billete Básico permite a anulación do billete, pero non inclúe o reembolso do importe abonado. Non poderás adquirir extras relacionados con cambios ou reembolso (Cambios gratuítos ilimitados, Puente AVE, Reembolso total e Pack Superflex) ou perda de tren.

O billete básico permíteche obter Puntos Renfe polas túas compras e utilizalos en posteriores viaxes ou con os nosos partners.

  • Viaxe en asento Estándar, con butacas reclinables, luz lectora e enchufe.
  • Un cambio por só 10 €, máis a diferenza de prezo do novo billete, se a houber. Se o novo billete ten un prezo inferior ao orixinal, non se reembolsará a diferenza. O cambio débese realizar polo menos 24 horas antes da saída do tren do billete orixinal.
  • Permite o cambio do titular do billete por 40 €.
Consulta todas as condicións do billete Básico
  • Os extras de cambios e anulación (Cambios gratuitos ilimitados, Puente AVE, Reembolso total e Pack Superflex) só poden adquirirse no momento da compra do billete e non están dispoñibles para billetes Básicos. Escolle billete Elige ou Prémium para poder gozar de maior flexibilidade.
  • Todos os nosos billetes poden anularse de balde nas 2 horas seguintes á compra.
  • Os billetes para viaxar en trens AVE e Larga Distancia son nominativos, así podemos contactar contigo en caso de necesidade. Cando viaxes, non esquezas levar contigo un documento de identidade vixente con fotografía (DNI, permiso de conducir, tarxeta de residencia ou pasaporte). Poden realizarse controis de identidade durante o proceso de facturación ou a bordo dos trens.

Se viaxas en trens AVE ou Larga Distancia, o teu billete inclúe o Combinado Cercanías, co que poderás viaxar en Cercanías, Rodalies e no TRAM de Alacant. Podes utilizar o Combinado Cercanías desde 4 horas antes da saída do tren e ata 4 horas despois da chegada ao teu destino.

Adquire o Combinado Cercanías en máquinas autovenda e despachos de billetes, escaneando o código de barras ou introducindo o código numérico que figura no teu billete. Ademais, nas estacións de Cercanías dos núcleos de Madrid, Málaga, València e Murcia/Alacant, poderás acceder directamente á rede de Cercanías presentando nos torniquetes de acceso con lector de códigos, as barras bidimensionais (BIDI) do teu billete AVE ou Larga Distancia e así evitar o trámite en máquinas autovenda ou despachos de billetes.