Se viaxas a partir do 25 de xaneiro de 2027, infórmate sobre as novidades nos nosos billetes, condicións e extras. Compara as distintas opcións e descubre as novas vantaxes para viaxar con máis flexibilidade. Máis información.

Compara co noso cadro todos os detalles dos billetes Básico, Elige Estándar, Elige Confort e Prémium. Melloramos as condicións de cambio e ofrecémosche novos extras para darche máis flexibilidade. Lembra que ao mercares con antelación obterás os prezos máis baratos.
 

 BÁSICOELIGE ESTÁNDARELIGE CONFORTPREMIUM
Tipo de asentoEstándarEstándarXL ConfortXL Confort
Cambios
Aboarase a diferenza de prezo, se a houber
✔️ Extra: 10 €✔️ Primeiro cambio gratuíto✔️ Primeiro cambio gratuíto✔️ Cambios gratuítos ilimitados
Anulación✖️ Non incluído✔️ Devolución 70 % do importe✔️ Devolución 70 % do importe✔️ Devolución ata 100 %
Cambio de titular✔️ Custo 40 €✔️ Custo 20 €✔️ Custo 20 €✔️ Incluído
Cambio por perda do tren✖️ Non incluído✔️ Custo 30 % novo billete✔️ Custo 30 % novo billete✔️ Incluído
Acceso a Salas Club✖️ Non incluído✖️ Non incluído✖️ Non incluído✔️ Incluído
Selección de asento
Escolle o asento no que queiras viaxar
✔️ Extra: 5 €✔️ Extra: 5 €✔️ Extra: 5 €✔️ Incluído
Mascotas de ata 10 kg
Con caixa de transporte
✔️ Extra: 10 €✔️ Extra: 10 €✔️ Extra: 10 €✔️ Incluído
Cans de ata 40 kg
Sen caixa de transporte
✖️ Non incluído✔️ Extra: 40 €✖️ Non incluído✖️ Non incluído
Cambios gratuítos ilimitados
Todos os cambios gratis. Aboarase a diferenza de prezo, se a houber
✖️ Non incluído✔️ Extra: 5 €✔️ Extra: 5 €✔️ Incluído
Puente AVE
Adianta ou atrasa o teu tren gratis, o mesmo día, sen aboar diferenza de prezo
✖️ Non incluído✔️ Extra: 5 €✔️ Extra: 5 €✔️ Incluído
Reembolso total
Anula o teu billete ata 7 días antes e recibe un reembolso do 100 % ou o 95 % nos últimos 6 días.
✖️ Non incluído✔️ Extra: 5 €✔️ Extra: 5 €✔️ Incluído
Pack Superflex 3 en 1!
Inclúe: Cambios gratuítos ilimitados + Puente AVE + Reembolso total
✖️ Non incluído✔️ Extra: 10 €✔️ Extra: 10 €✔️ Incluído
Restauración a bordo
Recollida na cafetería para billetes Billete Básico e Elige / Servida no asento para billetes Billete Elige Confort e Prémium
✔️ Extra: Desde 11,35 €✔️ Extra: Desde 11,35 €✔️ Extra: Desde 11,35 €✔️ Incluído
  • Os extras de cambios e anulación (Cambios gratuitos ilimitados, Puente AVE, Reembolso total e Pack Superflex) só poden adquirirse no momento da compra do billete e non están dispoñibles para billetes Básicos. Escolle billete Elige ou Prémium para poder gozar de maior flexibilidade.
  • Todos os nosos billetes poden anularse de balde nas 2 horas seguintes á compra.
  • Os billetes para viaxar en trens AVE e Larga Distancia son nominativos, así podemos contactar contigo en caso de necesidade. Cando viaxes, non esquezas levar contigo un documento de identidade vixente con fotografía (DNI, permiso de conducir, tarxeta de residencia ou pasaporte). Poden realizarse controis de identidade durante o proceso de facturación ou a bordo dos trens.

Se viaxas en trens AVE ou de Larga Distancia, o teu billete inclúe o Combinado Cercanías, co que poderás viaxar en Cercanías, Rodalies e no TRAM de Alacant. Podes utilizar o Combinado Cercanías desde 4 horas antes da saída do tren e ata 4 horas despois da chegada ao teu destino.

Adquire o Combinado Cercanías en máquinas autovenda e despachos de billetes, escaneando o código de barras ou introducindo o código numérico que figura no teu billete. Ademais, nas estacións de Cercanías dos núcleos de Madrid, Málaga, València e Murcia/Alacant, poderás acceder directamente á rede de Cercanías presentando nos torniquetes de acceso con lector de códigos, as barras bidimensionais (BIDI) do teu billete AVE ou Larga Distancia e así evitar o trámite en máquinas autovenda ou despachos de billetes.