Tren + Bus
 

Unimos forzas para levarte ao teu destino cun único billete combinado. Así, facilitamos a túa viaxe. Benidorm, Denia, Roquetas, Marbella, o Algarve portugués ou o Pireneo aragonés están máis preto con Tren + Bus.

 

       
 

Cales son os destinos do Tren + Bus?

Colaboramos con Avanza, Alsa, Baile, Teisa e La Regional para achegarte a todos estes destinos:

  • Barbastro e Huesca (desde o aeroporto de Barcelona El Prat, con transbordo de tren a autobús en Barcelona Sants)
  • Marbella e Estepona (desde Madrid Puerta de Atocha, con transbordo de tren a autobús en Málaga)
  • Pireneo aragonés: Barbastro, Jaca, Candanchú, Astún, Biescas, Panticosa e Formigal (desde Madrid Puerta de Atocha, con transbordo de tren a autobús en Huesca)
  • Pireneo aragonés: Barbastro, Monzón, Binefar, Graus, Benasque, Sabiñánigo, Jaca, Candanchú e Astún (desde Madrid, Sevilla e Málaga, con transbordo de tren a autobús en Zaragoza)
  • Benidorm (desde Madrid Puerta de Atocha, Ciudad Real, Albacete e Barcelona Sants, con transbordo de tren a autobús en Alacant)
  • Denia-Jávea (desde Madrid Puerta de Atocha e Barcelona Sants, con transbordo de tren a autobús en Valencia Joaquín Sorolla)
  • Vielha-Andorra (desde Madrid Puerta de Atocha, con transbordo de tren a autobús en Lleida-Pirineus)
  • Roquetas-Aguadulce (desde Madrid Chamartín-Clara Campoamor, con transbordo tren a bus en Almería)
  • Algarve portugués: Faro, Albufeira, Portimao e Lagos (desde Madrid Puerta de Atocha e Barcelona Sants, con transbordo de tren a autobús en Sevilla)
  • Alacant, Láltet, Los Arenales e Santa Pola (desde Asturias, Cantabria, Galicia, Cataluña e Madrid, con transbordo de tren a autobús en Alacant)
  • Figueres (desde Madrid Puerta de Atocha e Barcelona Sants, con transbordo de tren a autobús en Figueres Vilafant)
  • Toro (desde Madrid Chamartín-Clara Campoamor e Galicia, con transbordo tren a bus en Zamora)

 

Onde podo mercar o meu billete combinado Tren + Bus?

Podes mercalo en renfe.com, despachos de billetes das estacións, oficinas de vendas, axencias de viaxes e a través de venda telefónica no 912 320 320.

Estes billetes admiten cambios ou anulacións?

As condicións para facer cambios e anulacións dependen do billete adquirido para o traxecto de tren. Ten presente que calquera cambio ou anulación afectará ao conxunto do billete e só se permiten ata 10 horas antes da saída do primeiro traxecto.

Que equipaxe podo levar comigo?

Podes levar ata 3 vultos de man, sempre que non sumen entre os tres máis de 290 cm. (longo+ancho+alto) nin superen os 25 kg de peso. O maior dos tres vultos pode ter unhas dimensións máximas de 85 x 55 x 35 cm.

Ten en conta que non é posible viaxar con bicicletas ou patinetes.
 

Podo viaxar coa miña mascota?

O billete combinado Tren + Bus non permite viaxar con animais de compaña.

Podo solicitar o servizo de asistencia?

Si, pódelo solicitar para o traxecto de tren no teléfono 912 140 505.

 

Podo solicitar o servizo de menores sen acompañante?

O billete combinado Tren + Bus non inclúe este servizo.