Todos os eventos ao teu alcance

Se organizas un congreso ou feira profesional cunha duración non superior a 4 días e unha previsión de asistencia de máis de 75 persoas, pode interesarche o noso desconto en Congresos e feiras.

Esta oferta comercial, que pode ser solicitada polas institucións feirais, palacios de congresos, Convention Bureaus, organizadores profesionais de congresos, asociacións ou axencias de viaxes, permite aos asistentes e organizadores viaxar en trens de AVE, AVE Internacional entre España e Francia ou Larga Distancia desde a súa cidade de orixe ata a cidade que acolle o evento cun 5 % de desconto.

A solicitude realízase por Internet, como mínimo 30 días antes da inauguración.

Podes consultar o tutorial para a compra dos teus billetes coa túa autorización de Congresos y Ferias.

Para calquera dúbida ou consulta, podes dirixirte a nós a través do enderezo congresos@renfe.es ou do teléfono 919 190 505.