Viaxes en grupo de máis de 25 persoas

Amigos, grandes reunións familiares, viaxes de lecer ou traballo. Os grupos de máis de 25 persoas tamén se benefician de importantes descontos viaxando con Renfe.

Infórmate cun mínimo de 10 días antes da data da viaxe:

  • Cubrindo o de solicitude de orzamento para viaxes en grupo
  • No teléfono de información de Grupos (para particulares): 912 320 320 (De 07:00 a 23:00 horas)
  • No teléfono de información de Grupos (para empresas e axencias): 919 190 505 (De 07:00 a 23:00 horas)

Dependendo das características da vosa viaxe (número de persoas, día, hora, tren, etc.), facilitarase un orzamento axustado para a vosa aprobación. O prezo de grupo é pechado e non se acumula a ningún outro desconto.

Non esquezas indicar se algún dos compoñentes do grupo vai solicitar asistencia para mobilidade reducida ou praza H (praza para ancoraxe de cadeiras de rodas).

Unha vez aceptado o orzamento, o departamento de Grupos emite un localizador para que poidades facer a compra nos despachos de billetes das estacións ou nas axencias de viaxes presenciais.

Para realizar cambios, debe facerse cun mínimo de 72 horas de antelación enviando a reserva e as súas modificacións ao correo do departamento de Grupos. Ten en conta que se xa efectuaches a compra dos billetes, non poderás realizar cambios.