Acompañamento de menores

Os máis peques da casa tamén viaxan, aínda que non poidas acompañalos.

Para esas ocasións, ofrecémosche o servizo de menores sen acompañante, que permite que os nenos de entre 6 e 13 anos (ambos inclusive) poidan viaxar sós sen a compañía dun adulto e baixo a supervisión do persoal a bordo.

Podes solicitar este servizo ao adquirir o billete nos despachos de billetes das estacións, venda telefónica, oficinas de venda e axencias de viaxe presenciais, cunha antelación mínima de 48 horas antes da saída do tren.

Ten en conta que este servizo se presta en clase preferente na maioría dos trens AVE e Larga Distancia, cun límite de 4 menores por tren e sempre que a chegada ao destino non sexa máis tarde das 22:00 horas.

Consulta o procedemento e todas as condicións de viaxe 
 

Os menores que viaxen sós non poderán adquirir produtos a bordo sen autorización expresa. Se queres un menú infantil ou outro dos que que ofrece Renfe, podes solicitalo no momento da compra do billete.