TRENEA CON AVLO

Albacete é unha cidade manchega, de orixe andaluza, con moito que ofrecer aos seus visitantes. Déixate seducir polo carácter único da cidade e descubre Albacete, anímaste?

A súa cidade vella é representativa do urbanismo modernista propio de finais do século XIX e principios do XX. Edificios grandes e luxosos como o Gran hotel, situado na maxestosa Praza do Altozano, a Casa Cabot ou o Casino Primitivo deixarante pampo. Por suposto non podes esquecerte da Pasaxe de Lodares, coa súa impoñente cuberta de ferro e cristal que nada ten que envexar ás galerías das grandes cidades europeas.

Albacete está chea de vida e proba diso son as súas rúas. O Campus ou Los Titis contan co mellor lecer universitario da cidade e La zona está chea de bares e pubs, aínda que tamén é o teu lugar, se es máis de tapas.

Se buscas natureza e tranquilidade, Albacete conta con numerosos parques e zonas verdes como o Parque Abelardo Sánchez, o Parque de San Juan ou o Xardín Botánico de Castela-A Mancha. Reláxate e respira.

Viaxa en tren a Albacete: é a opción máis rápida, cómoda e sostible. A cidade ofrece plans para todos, sen importar se viaxas só, coa familia, coa cativada ou cos amigos. E sempre ao mellor prezo. En Avlo, poñémoscho fácil.

 

A ESTACIÓN DE ALBACETE LOS LLANOS

A estación de Albacete Los Llanos está aberta das 5:00 h ata as 23:30 h (agás sábados, domingos e festivos, das 7:00 h ata as 23:30 h) e conta con múltiples servizos:

  • Venda de billetes
  • Zona comercial
  • Alugueiro de coches
  • Parada de taxis
  • Conexións con autobús
  • Adaptada a persoas con mobilidade reducida
  • Aparcadoiro de vehículos 

Desde o noso buscador tes comodamente na mesma consulta toda a oferta de horarios, tarifas e prezos dos billetes Avlo, Ave e trens dispoñibles para o teu destino.

  • Museo Municipal de la Cuchillería. Situado na espectacular Casa do Hortelano atópase o Museo de la Cuchillería que conta a historia e tradición deste importante sector para a cidade.
  • Visita a Catedral de San Juan e déixate impresionar polos seus marabillosos murais.
  • Es un amante do queixo? Pois Albacete é a túa cidade. Podes gozar dunha infinidade de queixos manchegos acompañados do mellor viño da zona.
  • A Feira de Albacete. Sen dúbida, un momento único para visitar a cidade é durante a Feira. Goza deste evento único, declarado de Interese Turístico Internacional, que data de 1375.
  • Coñece a lenda da Virxe dos Llanos, o milagre da patroa de Albacete.