TRENEA CON AVLO

Barcelona é sinónimo de vida. Unha cidade moderna e aberta, que tamén coida as súas tradicións. O seu carácter mediterráneo e o seu rico patrimonio son só dous dos grandes tesouros dunha Barcelona que sempre te deixará con ganas de máis.

A capital catalá ten propostas de lecer para todos os gustos: mar, praia, cultura, historia, parques, gastronomía, vida nocturna… Descubre unha visión diferente da cidade desde o Tibidabo ou o Mirador de Colom. Ou pasea pola Rambla ata o mercado da Boquería, para degustar a fondo a cociña local e mundial.

Viaxa en tren Avlo a Barcelona: é a opción máis rápida, cómoda e sostible. A cidade ofrece plans para todos, sen importar se viaxas só, coa túa familia, coa cativada ou cos amigos. E sempre ao mellor prezo. Cos trens Avlo de alta velocidade, poñémoscho fácil.

 

A ESTACIÓN DE BARCELONA SANTS

A céntrica estación de Barcelona Sants está aberta de 4:30 h a 00:15 h e conta con múltiples servizos:

  •  Venda de billetes
  • Zona comercial
  • Alugueiro de coches
  • Parada de taxis
  • Conexións con outras liñas de tren Renfe, metro e autobús
  • Adaptada a persoas con mobilidade reducida
  • Aparcadoiro de vehículos

Desde o noso buscador tes comodamente na mesma consulta toda a oferta de horarios, tarifas e prezos dos billetes Avlo, Ave e trens dispoñibles para o teu destino.

  • Barcelona ten a súa propia Estatua da Liberdade. Unha réplica a pequena escala, case idéntica á orixinal, que podes ver no interior da Biblioteca Arús (zona do Arco do Triunfo)
  • Camp Nou, o mítico estadio do FC Barcelona, é o terceiro máis grande do mundo, con capacidade para máis de 99 000 persoas.
  • Nunha das fachadas da Sagrada Familia agáchase un cadrado máxico. A suma dos seus números, vertical, horizontal ou diagonal é sempre a mesma: 33.
  • A cidade transformouse no París do século XVIII para a rodaxe de varias escenas da película O Perfume.