TRENEA CON AVLO

Ciudad Real é unha cidade e capital de provincia de orixe medieval e fundada en plena reconquista. Hai xacementos arqueolóxicos e mesmo unha muralla medieval, vaia oferta cultural! A Puerta de Toledo, a Catedral de Santa María del Prado ou a igrexa de San Pedro están a esperar por ti. É unha gran oportunidade para visitar esta cidade manchega. Imos!

O tapeo nos barrios como o da Morería, o Perchel e a Xudería é indispensable para poder probar a súa típica gastronomía como o pisto manchego, as migas, gachas… Riquísimo! Tamén paga a pena dar un paseo polos seus numerosos parques e xardíns como os xardíns do Prado, parque Alces ou o parque Gasset.

Queres marchar de escapada? Non o dubides e visita as Tablas de Daimiel. É unha zona húmida única en Europa!

Viaxa a Ciudad Real en tren e fai realidade a escapada perfecta. Viaxarás dun xeito cómodo, rápido e sostible. E sempre ao mellor prezo. Avlo, o tren de alta velocidade de baixo custo, poncho fácil.

 

A ESTACIÓN DE CIUDAD REAL

A estación de Ciudad Real está aberta os luns, agás festivos, desde as 5:30 h ata as 23:45 h e de martes a domingos e festivos desde as 06:00 h ata as 23:45 h. Conta con múltiples servizos:

  •  Venda de billetes
  •  Zona de restauración
  • Alugueiro de coches
  • Parada de taxis
  • Conexións con outras liñas de tren de Renfe
  • Adaptada a persoas con mobilidade reducida
  • Aparcadoiro de vehículos 

Desde o noso buscador tes comodamente na mesma consulta toda a oferta de horarios, tarifas e prezos dos billetes Avlo, AVE e trens dispoñibles ao teu destino.

  • Ciudad Real foi fundada polo rei Alfonso X «O Sabio» co nome de Villa Real en 1255. En 1420 o pai de Isabel a Católica, Juan II de Castela, concedeulle ao territorio a categoría de cidade pasándose a chamar Ciudad Real. Supercurioso
    !
  • No momento de definirse como unha cidade, construíuse unha muralla para que rodease a cidade con máis de cento trinta torres e sete portas. A día de hoxe, soamente se conserva a Puerta de Toledo
  • Sabías que os Reis Católicos estableceron primeiro en Ciudad Real a Real Chancillería e a Santa Inquisición? Aínda que non por moito tempo, xa que estes organismos foron trasladados a Granada o que provocou o declive da cidade
    .