TRENEA CON AVLO
Cuenca é un destino único que fará que te namores de todos os seus recunchos. Declarada Cidade Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, é un enclave cargado de legado histórico e cultural, como a súa fortaleza medieval ou o seu conxunto arquitectónico civil e relixioso dos séculos XII ao XVIII.
Bótalle un ollo aos seus magníficos miradoiros, como o Miradoiro do castelo ou o Miradoiro do rei, desde onde poderás admirar a marabillosa mestura entre natureza e espazo urbano.
Que mellor ca un paseo pola beira do río Huécar durante o solpor para ter unha incrible panorámica das famosas Casas colgadas e os Rañaceos de San Martín. Soa ben, non si?
Cuenca é sinónimo de gastronomía, dende a comida típica máis tradicional, como as súas famosas migas ou o seu morteruelo, ata os restaurantes máis vangardistas onde se aposta polos produtos locais e de calidade.
Goza da natureza e anímate a facer unha das rutas de sendeirismo que che ofrece Cuenca: hai para todos os niveis.
Viaxa en tren a Cuenca: é a opción máis rápida, cómoda e sostible. A cidade ofrece plans para todos, sen importar se viaxas só, coa familia, coa cativada ou cos amigos. E sempre ao mellor prezo. En Avlo, poñémoscho fácil.
A ESTACIÓN DE CUENCA FERNANDO ZÓBEL
A estación de Cuenca Fernando Zóbel está aberta das 6:45 h ata as 22:30 h e conta con múltiples servizos:
✅ Desde o noso buscador tes comodamente na mesma consulta toda a oferta de horarios, tarifas e prezos dos billetes Avlo, Ave e trens dispoñibles para o teu destino.