Imaxinas unha cidade vestida de flores? Pois Xirona é o destino. Durante Temps de Flors, Xirona adórnase de flores e cor. É unha festa que se remonta a 1954, na que as principais rúas se decoran con elementos florais que harmonizan co patrimonio monumental da cidade.
Ademais da proposta artística, a cidade énchese de actividades culturais para todo tipo de gustos, como concertos e exposicións. É tamén unha boa ocasión para gozar da gastronomía local. A cociña máis vangardista incluíu nos seus pratos durante estas datas as flores. Abre o teu padal a novas experiencias! Descubre Xirona en tren.
TRENEA CON AVLO
Sabías que Xirona foi escenario de varios capítulos da serie Xogo de Tronos? E moito máis ca iso: a cidade é unha marabillosa combinación de recunchos con encanto, bo ambiente e historia medieval. Ímola percorrer!
A imaxe clásica de Xirona é a vista das casas de cores á beira do río Onyar. Non por ser clásica paga menos a pena: sométete de bo grado ás tradicións e saca un selfie coa catedral e a torre da basílica de Sant Feliu ao fondo. Descubre o novecentismo coa Casa Masó e mergúllate no pasado medieval da cidade visitando a súa xudaría, unha das mellor conservadas do mundo.
Se estás a buscar a forma de baixo custo máis rápida, cómoda e sostible de viaxares a Xirona, faino en tren. Viaxa en familia, con nenos ou con amigos, sempre gozarás do mellor prezo. Cos trens Avlo de alta velocidade, poñémoscho fácil.
A ESTACIÓN DE XIRONA
A céntrica estación de Xirona está aberta de 5:45 h a 23:00 h e conta con múltiples servizos:
Ademais, na estación de Xirona, os trens Avlo conectan diariamente con moitos dos nosos destinos, viaxa a Madrid (1 tren diario), Barcelona (1 tren diario), Zaragoza (1 tren diario), Lleida (1 tren diario), Figueres (1 tren diario), Guadalaxara (1 tren diario) e Calatayud (1 tren diario).
✅ Desde o noso buscador tes comodamente na mesma consulta toda a oferta de horarios, tarifas e prezos dos billetes Avlo, Ave e trens dispoñibles para o teu destino.