TRENEA CON AVLO
Castiza e acolledora, Madrid é unha cidade de contrastes. Todo nela ten o seu encanto, dende o centro señorial ata os barrios máis populares. A súa ampla oferta de lecer non se detén en ningunha época do ano.
Podes achegarte ao Paseo del Arte e gozar dunha xornada cultural nos seus museos. Ou percorrer as tendas máis luxosas na famosa Milla de Oro. Que non falten as cañas e o tapeo por barrios como o das Letras, La Latina ou Lavapiés. Nin o bocadillo de calamares na Plaza Mayor!
Se estás a buscar a forma de baixo custo máis rápida, cómoda e sostible de viaxares a Madrid, faino en tren. A capital nunca dorme e pon ao teu alcance actividades para todas as idades. Viaxa en familia, con nenos ou con amigos, gozarás sempre do mellor prezo. Cos trens Avlo de alta velocidade, poñémoscho fácil.
A ESTACIÓN DE MADRID PUERTA DE ATOCHA
A céntrica estación de Madrid Puerta de Atocha está aberta de 5:00 h a 01:00 h e ten varios servizos:
Ademais, na estación de Madrid Atocha, os trens Avlo conectan diariamente con todos os nosos destinos, viaxa a Barcelona (5 trens diarios), València (3 trens diarios), Zaragoza (3 trens diarios), Cuenca (2 trens diarios), Requena-Utiel (2 trens diarios), Lleida (1 tren diario), Xirona (1 tren diario), Figueres (1 tren diario), Guadalaxara (1 tren diario) e Calatayud (1 tren diario).
✅ Desde o noso buscador tes comodamente na mesma consulta toda a oferta de horarios, tarifas e prezos dos billetes Avlo, Ave e trens dispoñibles para o teu destino.