Sevilla é un si rotundo! Perderse polas súas rúas co arrecendo a azar, a súa gastronomía de dez (sendo case o berce do tapeo), a súa alegre xente, o seu incrible ambiente, é que queres máis? Pois non deixes que cho conten e planea xa a túa viaxe en Avlo a Sevilla para descubrir todo o que ten que ofrecer esta máxica cidade andaluza.
É unha cidade chea de historia e o seu patrimonio cultural dá boa mostra diso: a catedral, a Giralda, o Real Alcázar, Plaza de España ou a Torre del Oro son só algúns exemplos. Así que prepárate para percorrela e non perdas ningún recuncho.
Goza da vida tal como faría un bo sevillano. Visita as súas tabernas, bares e namórate das terrazas. Sevilla é pura vida e as súas rúas demóstrano. O seu lecer nocturno tampouco deixará indiferente aos máis animados do grupo, tomades algo na Plaza del Salvador?
Viaxa a Sevilla en tren e descubre unha cidade única, ideal para unha escapada romántica, en familia, con nenos ou con amigos. Viaxarás de forma cómoda, rápida e sostible. E sempre ao mellor prezo. Avlo, o tren low cost de Alta Velocidad, poncho fácil.
A céntrica estación de Sevilla Santa Justa está aberta de 04:30 h a 00:30 h e conta con múltiples servizos:
✅ Desde o noso buscador tes comodamente na mesma consulta toda a oferta de horarios, tarifas e prezos dos billetes Avlo, AVE e trens dispoñibles ao teu destino.