TRENEA CON AVLO
«La terreta», que así é como se coñece popularmente a Valencia, é unha cidade diversa que mestura tradición e vangarda no corazón do Mediterráneo e que che ofrece unha infinidade de plans.
Pérdete no seu conxunto histórico, a «Ciutat Vella», e goza dos principais exemplos do gótico valenciano como a Catedral e a súa torre do Miguelete ou o Pazo da Generalitat. Empápate de cultura, arte e gastronomía na zona de Ruzafa e o Ensanche onde se atopan as tendas de moda. De feito, non é de estrañar que Valencia fose elixida como a capital mundial do deseño 2022.
Calquera momento é bo para visitar a cidade, aínda que sen dúbida durante as famosas Fallas, catalogadas de Interese Turístico Internacional, e celebradas en marzo, a cidade énchese de vida e cor. Apunta a data!
Por suposto, non che pode faltar unha boa paella valenciana (a auténtica), aínda que Valencia non é só o seu famoso arroz, tamén poderás gozar dos mellores restaurantes de autor ou ir de tapas por El Cabanyal, un antigo barrio pesqueiro cheo de encanto.
Viaxa en tren a Valencia: é a opción máis rápida, cómoda e sostible. A cidade ofrece plans para todos, sen importar se viaxas só, coa familia, coa cativada ou cos amigos. E sempre ao mellor prezo. En Avlo, poñémoscho fácil.
A ESTACIÓN DE VALENCIA JOAQUÍN SOROLLA
A céntrica estación de Valencia Joaquín Sorolla está aberta das 5:45 h ata as 24:00 h e conta con múltiples servizos:
✅ Desde o noso buscador tes comodamente na mesma consulta toda a oferta de horarios, tarifas e prezos dos billetes Avlo, Ave e trens dispoñibles para o teu destino.