TRENEA CON AVLO
Villena é unha cidade alacantina chea de historia que non podes perder. Mostra desta riqueza histórica son algúns dos seus xacementos arqueolóxicos como a Cueva del Cochino ou o Cabezo Redondo, onde se atopa un antigo poboado da Idade de Bronce con máis de 3500 anos de antigüidade… case nada!
Outra xoia de Villena é o Castelo da Atalaya, unha fortaleza chea de historia e lendas construída durante o Imperio Almohade no século XII e utilizada como refuxio da poboación musulmá.
Tampouco podes perder o conxunto de edificios relixiosos que ofrece a cidade, como a Igrexa Arcedianal de Santiago ou a Igrexa de Santa María, así como os
diferentes edificios de estilo modernista de finais do século XIX e principios do XX.
Outra forma de coñecer Villena e a súa natureza é a través das súas vías ferratas, como a do Castelo de Salvatierra ou a de Serra da Vila. Adrenalina en estado puro!
Viaxa en tren a Villena: é a opción máis rápida, cómoda e sostible. A cidade ofrece plans para todos, sen importar se viaxas só, coa familia, coa cativada ou cos amigos. E sempre ao mellor prezo. En Avlo, poñémoscho fácil.
A ESTACIÓN DE VILLENA ALTA VELOCIDAD
A estación de Villena Alta Velocidad está aberta das 5:50 h ata as 23:40 h (agás os sábados, das 6:50 h ata as 21:00 h, e domingos, das 6:50 h ata as 23:40 h) e dispón de múltiples servizos:
✅ Desde o noso buscador tes comodamente na mesma consulta toda a oferta de horarios, tarifas e prezos dos billetes Avlo, Ave e trens dispoñibles para o teu destino.