Que che ofrece a Tarjeta Plus 10?
 

  • Compra xa este abono cun 50 % de desconto para viaxar a metade de prezo do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2024.
  • 10 viaxes de ida ou volta, indistintamente.
  • Sempre no mesmo traxecto, entre dúas estacións que debes escoller no momento da compra do abono.
  • É nominativo e intransferible.
  • Validez: tes 30 días desde a data de compra para realizar a túa primeira viaxe e, dentro deses, 20 días para o seu uso desde a primeira formalización. Ten en conta que non poderán ser utilizados con posterioridade ao 31 de xaneiro de 2025.
  • Adquire a túa Tarjeta Plus 10 co 50 % de desconto na túa canle de compra habitual: renfe.com (así evitas colas e esperas), venda telefónica, despachos de billetes das estacións e axencias de viaxes.


Non esquezas que…
Unha vez adquirido o teu abono e antes de viaxar, cómpre que reserves e obteñas o teu billete para o día e o tren que che interesa, o que se coñece na xerga ferroviaria como «formalizar». Podes facelo a través de calquera das canles de venda de Renfe.

Todos os abonos de Avant pódense anular sen custo sempre que non realizases ningunha operación con el. Se xa fixeches algunha, pero aínda non viaxaches, poderás cancelalo con gastos (15 % do seu prezo).

Se durante o período de validez do abono, en polo menos 3 ocasións, formalizas unha viaxe que despois non realizas ou cancelas a formalización fóra do prazo permitido, considerarase uso fraudulento.

Nese caso perderás o dereito a obter un novo abono con desconto durante 90 días desde a notificación da última infracción. Si poderás adquirir unha nova Tarjeta Plus 10 sen desconto, para que poidas seguir viaxando durante ese período. Podes comprala a través desta ligazón ou nos despachos de billetes das estacións, axencias de viaxe e venda telefónica.