Aos viaxeiros que utilizasen o abono gratuíto Media Distancia no último trimestre de 2023 devolveráselles a fianza no mes de xaneiro, sempre que cumprisen as súas condicións. Aos usuarios que pagaron a fianza con tarxeta esta devolveráselle automaticamente entre o 10 e o 26 de xaneiro. Se pagaches a fianza en metálico, a partir do 15 de xaneiro, poderás solicitar a devolución acudindo a calquera punto de venda ou de Atención ao Cliente.

Ata que se che devolva a fianza, é imprescindible que conserves o abono en todos os soportes que utilizases, xa sexan físicos ou dixitais, así como calquera tícket ou xustificante de compra ante calquera incidencia que se poida producir no proceso.

Que che ofrece o novo abono gratuíto?

Contámosche como adquirir o novo Abono gratuito para viajero frecuente e como utilizalo. Podes obter o teu abono nos puntos de compra habituais: renfe.com, máquinas autovenda e despachos de billetes da estación.

Non o deixes para última hora!

Que é?

  • O abono é gratuíto, cuadrimestral e unipersoal.
  • Só se poderá adquirir un único abono por persoa, para realizar un máximo de catro viaxes ao día, de ida ou volta indistintamente e exclusivamente desde ou ata as estacións de orixe e destino elixidas (non está autorizado o seu uso para subir ou baixar nas estacións intermedias do traxecto elixido).
  • Os menores de 14 anos que non teñan DNI poden adquirir o novo Abono gratuito niño. Neste caso, o pai, a nai ou o titor poderán adquirir, por medio do seu NIF, NIE ou pasaporte, un máximo de catro abonos de neno para unha orixe e destino, durante o período de validez.
  • No momento da compra do abono, deberás elixir as dúas estacións (orixe/destino) entre as que vas viaxar.
  • Poderás utilizalo en todos os servizos de Media Distancia, incluído Media Distancia Largo Métrico e rexionais de Rodalies de Catalunya.
  • O abono é válido para todos os días do cuadrimestre adquirido:

    • Primeiro cuadrimestre: validez desde o 1 de xaneiro de 2024, ou data de compra posterior, ata o 30 de abril de 2024
    • Segundo cuadrimestre: validez desde o 1 de maio, ou data de compra posterior, ata o 31 de agosto de 2024.
    • Terceiro cuadrimestre: validez desde o 1 de setembro, ou data de compra posterior, ata o 31 de decembro de 2024.
  • Podes adquirir o teu abono nos puntos de venda habituais: renfe.com (así evitas colas e esperas, opción non habilitada en Media Distancia Largo Métrico e rexionais de Rodalies de Catalunya), máquinas autovenda e despachos de billetes da estación
  • Poderás formalizar as túas viaxes nas seguintes canles: app de Renfe, renfe.com, máquinas autovenda e despachos de billetes da estación (a formalización en liña é máis cómoda e rápida, agás en Media Distancia Largo Métrico e rexionais de Rodalies de Catalunya).
  • O abono é gratuíto, pero para adquirilo débese aboar unha fianza de 20 euros (por abono e cuadrimestre). Recomendámosche o pagamento mediante tarxeta de crédito/débito.
  • A devolución desta fianza efectuarase ao finalizar os 4 meses de validez do abono, sempre que realizases un mínimo de 16 viaxes (non esquezas que o acceso aos trens de Media Distancia faise co abono debidamente validado ou formalizado).
  • Se se aboa a fianza con tarxeta bancaria (recomendado), o importe reintegrarase na túa tarxeta automaticamente. Se o pagamento da fianza se realizou en metálico, haberá que cubrir unha solicitude específica para a súa devolución. É importante que conserves o abono durante todo o seu período de vixencia para que poidamos reintegrarche a fianza que depositaches.

 


 

 

NON ESQUEZAS QUE ata que se che reintegre a fianza do teu abono gratuíto, é imprescindible que conserves o abono xa sexa dixital ou físico, así como cualquera tícket ou xustificante de compra, xa que pode ser necesario para solicitar o reembolso da fianza ou para solucionar calquera incidencia que se poida producir no proceso.

Durante o período de comercialización do novo abono recorrente, suspenderase a venda do resto dos abonos habituais.

Ademais, este abono tamén poderá ser utilizado nos servizos Avant entre a orixe/destino Madrid-Salamanca, así como no servizo Avant entre A Coruña-Ourense e Murcia-Alacant, en ambos os dous casos en todas as súas orixes/destinos intermedios. 

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana estableceu novas medidas para promover o bo uso dos abonos de Media Distancia. Lembra que:

  • Se durante o período de validez do abono, en polo menos 3 ocasións, o viaxeiro formaliza unha viaxe que despois non realiza ou cancela a formalización fóra do prazo permitido, considerarase uso fraudulento. Nese caso, anularase o abono, incautarase a fianza e non se lle expedirá un novo abono para ningunha orixe-destino, ata transcorridos 30 días desde a anulación.
  • A cancelación da formalización poderase realizar cunha antelación de ata 60 minutos á hora de saída da viaxe.
  • Para un mesmo traxecto só se poden formalizar catro viaxes ao día (ida e/ou volta).
  • Non está permitido formalizar dúas viaxes no mesmo sentido ata que transcorra o triplo do tempo de viaxe programado. Por exemplo, se o tempo de viaxe entre dúas estacións é dunha hora e se formalizou un tren con saída ás 8 da mañá, só se poderá formalizar de novo noutro que saia a partir das 11 (1 hora x 3).
  • Recorda ocupar sempre a praza asignada (a que aparece no teu billete). Se non o fas, o persoal de Intervención podería tomar nota dun uso indebido dese abono, ao considerar que puideches deixar o teu asento desocupado.