Selección de asentos

Cambios

Anulacións

En Renfe implantamos o billete personalizado en todas as nosas canles de venda, polo que, durante o proceso de compra de calquera billete dos nosos servizos comerciais (Ave, Alvia, Euromed...), terás que facilitar unha serie de datos básicos da persoa que vai viaxar, incluído un número de teléfono móbil de contacto.

Así poderemos poñernos en contacto contigo en caso de necesidade, por motivos de seguridade ou saúde, e ofrecerche unha mellor atención antes e durante a viaxe, informándote de calquera incidencia ou demora do teu tren.

Se viaxas en trens Ave ou Larga Distancia, tes de balde o Combinado Cercanías, co que poderás obter, de forma gratuíta, dous billetes para viaxar en Cercanías, Rodalies, Feve ou na rede de TRAM de Alacant. Podes usalos desde 4 horas antes da saída do tren e ata 4 horas despois da chegada ao destino.

Adquire estes billetes gratuítos en máquinas autovenda e despachos de billetes das estacións, escaneando o código de barras ou introducindo o código que figura no teu billete.