Tarxeta Dorada

Se es maior de 60 anos, consigue un desconto en todas as túas viaxes en tren por só 6 euros. Podes adquirir a túa tarxeta Dorada, nominativa e intransferible, nos despachos de billetes das estacións ou en axencias de viaxe.

Ten unha validez dun ano.

Descontos

En trens Ave e Larga Distancia

  • Martes, mércores, xoves e sábado: 40 % de desconto
  • Venres, domingo e luns: 25 % de desconto

En trens Avant

  • De luns a venres: 25 % de desconto
  • Sábados e domingos: 40 % de desconto

En trens Media Distancia convencional

  • 40 % de desconto


Os billetes adquiridos coa túa Tarjeta Dorada admiten cambios e cancelacións, suxeitos a gastos.


Consulta todas as condicións

A tarxeta Dorada tamén che dá acceso a descontos nos servizos de Cercanías e Feve.

Así mesmo, podes adquirir a túa tarxeta Dorada asociada a unha tarxeta de crédito ou débito de entidades bancarias colaboradoras.