Más Renfe é o Programa de fidelización de Renfe, un programa deseñado para clientes frecuentes co que desexamos premiar a túa fidelidade e mellorar a túa experiencia de viaxe antes, durante e despois dela. Só por pertencer ao programa poderás conseguir viaxes cos teus puntos Renfe. Os Puntos Renfe acumulados poderás trocalos tamén polos servizos ofrecidos polas nosas empresas colaboradoras.
Cada vez que viaxes cos nosos servizos AVE, AVLO, Larga Distancia, Avant, abonos nominativos de Media Distancia e Cercanías/Rodalies podes acumular puntos Renfe, que se che asignarán en función do teu nivel dentro do programa Más Renfe e opción de viaxe elixida.
É imprescindible que indiques o teu número Más Renfe no momento de realizar a compra en calquera canle (despachos de billetes das estacións, aplicación Renfe, máquinas autovenda multiproduto, páxina web de Renfe, servizo de venda telefónica de billetes «Renfe Contigo» no 91 232 03 20 e distribuidores e axencias de viaxe autorizados).
Tamén podes obter Puntos Renfe coas empresas colaboradoras.
Ademais, se utilizas as nosas tarxetas financeiras como forma de pagamento:
Puntos Renfe por cada 50 € de compra en trens AVE a través das canles de internet e móbil:
Nivel Más Renfe |
Puntos Renfe obtidos |
---|---|
Clásica |
15 Puntos Renfe |
Plata |
20 Puntos Renfe |
Oro |
25 Puntos Renfe |
Platino |
40 Puntos Renfe |
Podes utilizar os teus Puntos Renfe para viaxar gratis en calquera dos nosos trens AVE, AVLO, Larga Distancia, Media Distancia, Avant e Cercanías/Rodalies. No proceso de compra dos teus billetes indicarase o prezo expresado en Puntos Renfe.
10 Puntos Renfe equivalen a 1 €.
Agora tamén podes trocar os teus puntos nun vale desconto!
Se non tes puntos abondo para trocalos nun billete, podes utilizalos para obter un vale desconto que reducirá o prezo do teu billete. Tamén podes regalar o vale xerado cos teus puntos para que viaxe outra persoa.
Só tes que acceder á túa Área Privada, no apartado «Os meus Puntos», obter o teu vale desconto e recibiralo no momento. Así de fácil. Poderás consultalo tamén na sección «Os meus códigos».
Tamén poderás trocar os teus Puntos Renfe en hoteis, alugueiro de vehículos ou doazóns a ONG grazas ás nosas empresas colaboradoras.
Algunhas ideas para trocar os teus Puntos Renfe saíndo desde Madrid:
Algunhas ideas para trocar os teus Puntos Renfe saíndo desde Barcelona:
1. Dáte de alta na seguinte ligazón, é gratuíto.
2. Introduce o teu número Más Renfe sempre que reserves a túa viaxe, xa sexa en renfe.com, despacho de billetes da estación, axencia de viaxes etc. Tamén poderás conseguir Puntos Renfe coas nosas empresas colaboradoras e sempre que utilices a tarxeta Mastercard Renfe ou a tarxeta American Express Renfe.
3. No momento da compra coñecerás os Puntos Renfe obtidos, que se anotarán na túa conta unha vez realizada a viaxe.
4. Viaxa de balde só por viaxar trocando os teus Puntos Renfe por billetes de tren e nos produtos e servizos das nosas empresas asociadas.
Ademais, dependendo das viaxes que acumules, poderás subir de nivel dentro do programa Más Renfe. Estes son os niveis: Más Renfe, Más Renfe Plata, Más Renfe Oro ou Más Renfe Platino.
Cada unha delas está deseñada para mellorar a túa experiencia de viaxe con servizos exclusivos como acceso ás Salas club, aparcadoiro gratuíto, Puntos Renfe sen caducidade, descontos exclusivos, actualizacións a Prémium ou Elige Confort, etc.