Que é +Renfe?
 

+Renfe é o programa de fidelización de Renfe, un programa deseñado para clientes frecuentes co que desexamos premiar a túa fidelidade e mellorar a túa experiencia de viaxe antes, durante e despois dela. Só por pertencer ao programa poderás conseguir viaxes cos teus Puntos Renfe. Os puntos acumulados poderás trocalos tamén polos servizos ofrecidos polas nosas empresas colaboradoras.


 

Como funciona?

1. Dáte de alta na seguinte ligazón, é gratuíto.

2. Utiliza a túa Tarjeta +Renfe sempre que reserves a túa viaxe, xa sexa en renfe.com, un despacho de billetes, unha axencia de viaxes, etc. Tamén poderás obter Puntos Renfe coas nosas empresas colaboradoras e sempre que utilices a tarxeta American Express Renfe.

3. No momento da compra coñecerás os Puntos Renfe obtidos, que se anotarán na túa conta unha vez realizada a viaxe.

4. Viaxa de balde só por viaxar trocando os teus Puntos Renfe por billetes de tren e nos produtos e servizos das nosas empresas asociadas.

Ademais, dependendo das viaxes que acumules, poderás ser titular dunha Tarjeta +Renfe de distinto nivel: +Renfe, +Renfe Plata, +Renfe Oro ou +Renfe Premium.

Cada unha delas está deseñada para mellorar a túa experiencia de viaxe con servizos exclusivos como acceso ás Salas club, aparcadoiro gratuíto, acceso prioritario, descontos exclusivos, actualizacións de clase Preferente, etc.