Todas as túas compras se converten en Puntos Renfe.
Descubre a tarxeta American Express Renfe. Con ela poderás aproveitar aínda máis as túas viaxes en tren.
Obtén un 15 % do importe de todas as compras en Puntos Renfe e accede con máis facilidade ás vantaxes dos titulares das Tarjetas +Renfe Plata, +Renfe Oro e +Renfe Premium.
Dámosche a benvida con ata 1200 Puntos Renfe, equivalentes a 120 €, ao realizar un gasto de 2000 € coa tarxeta nos primeiros seis meses. Oferta válida só para novos titulares de American Express.
Utiliza a tarxeta American Express Renfe para comprar diariamente en supermercados, gasolineiras, restaurantes, cines, viaxes etc. e consigue o 15 % do importe de todas as túas compras en Puntos Renfe. 1 € gastado coa tarxeta = 0,15 Puntos Renfe.
Ademais, goza de prioridade no control de acceso aos trens nas estacións habilitadas ensinando a túa tarxeta American Express Renfe.
Accede máis facilmente aos niveis superiores da Tarjeta +Renfe (Plata, Oro e Premium) utilizando a túa tarxeta American Express Renfe (consulta as condicións legais para máis información).
Debes pertencer ao programa +Renfe. Para máis información ou solicitar a túa tarxeta, consulta a web de solicitude da tarxeta American Express Renfe.
Regalámosche a cota dos primeiros 6 meses e a partir do sétimo mes a cota será de aproximadamente 7 € ao mes. Comproba todas as condicións.
É unha tarxeta unipersoal, nominativa e intransferible que lles ofrece aos seus titulares un desconto sobre a tarifa xeral/base en función da antelación da compra dos billetes e/ou dos trens utilizados.
Pódena adquirir os mozos que teñan entre 14 e 25 anos no momento da súa compra ou renovación.
O seu prezo é de 50 €
A través de www.renfe.com recíbese un "número de cliente" que se usa para identificarse e acceder ás prestacións