Se tes máis de 60 anos, podes beneficiarte dun desconto do 50 % nos teus billetes simples ou de ida e volta, adquirindo a Tarjeta Dorada e utilizándoa para efectuar a compra.
Esta tarxeta, nominal e intransferible, ten un prezo de 6 € e pódese mercar nos despachos de billetes das estacións ou nas axencias de viaxes. Ten unha validez dun ano. A renovación da Tarjeta Dorada tamén se pode realizar en liña na seguinte ligazón.
O 50 % de desconto é aplicable todos os días da semana.
Tamén poden adquirir unha Tarjeta Dorada os pensionistas maiores de 18 anos, en situación de incapacidade física ou psíquica permanente total, absoluta ou grande invalidez, así como as persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %. Se tes unha discapacidade do 65 % ou máis, podes viaxar cun acompañante que o fará nas mesmas condicións económicas ca ti.
Tamén podes adquirir a túa Tarjeta Dorada asociada a unha tarxeta de crédito ou débito de entidades bancarias colaboradoras.