Se es maior de 60, non o penses máis e aproveita os descontos da Tarjeta Dorada para viaxar en tren.

Renova en liña a túa Tarjeta Dorada

 

Agora, ofrecémosche novas funcionalidades en liña para que poidas xestionar a túa Tarjeta Dorada directamente na nosa web. Poderás:

  • Renovar a tarxeta: por 1 ano (6 €), por 2 anos (12 €) ou por 3 anos (15 €, aforro dun 16 %)
  • Consultar/reimprimir-descargar PDF/reenviar passbook
  • Anular a tarxeta (dentro dos 15 días seguintes á data de renovación, exclusivo para renovación en liña).

Pódese renovar calquera Tarjeta Dorada, agás as emitidas por entidades bancarias, desde 90 días antes da súa data de caducidade. Por seguridade, terás que indicar o documento e n.º de tarxeta e, posteriormente, o correo electrónico e móbil asociados a ela.

Podes pagar a renovación web con tarxeta de crédito ou débito e Bizum. Unha vez completado o proceso, recibirás a Tarjeta Dorada para a súa descarga en soporte PDF ou en Passbook, así como a confirmación da devandita renovación por correo electrónico.

Máis fácil e cómodo, sen desprazamentos, colas ou esperas, todo a un só clic. Así de sinxelo!
 

Tarxeta Dorada

Se es maior de 60 anos, consigue un desconto en todas as túas viaxes en tren por só 6 euros. Podes adquirir a túa tarxeta Dorada, nominativa e intransferible, nos despachos de billetes das estacións ou en axencias de viaxe.

Ten unha validez de un, dous ou tres anos.

Descontos

En trens AVE, AVE Internacional entre España e Francia e Larga Distancia 

  • Desconto do 25 % sobre calquera prezo dispoñible.

En trens Avant

  • De luns a venres: Desconto do 25 % sobre o prezo da tarifa Xeral/Base.
  • Sábados e domingos: Desconto do 40 % sobre o prezo da tarifa Xeral/Base.

En trens Media Distancia 

  • Desconto do 40 % sobre o prezo da tarifa Xeral/Base.

Este desconto non é acumulable a outros, agás ao legalmente previsto para Familias Numerosas. Só será posible a acumulación de descontos cando así estea expresamente previsto nas condicións de aplicación.

Por tanto, o desconto de Tarxeta Dorada aplícase sobre a tarifa Xeral/Base ou sobre o prezo dinámico aberto, segundo o tipo de servizo, e non é acumulable ao desconto de Ida e volta.

Os billetes adquiridos coa túa Tarjeta Dorada admiten cambios e anulacións sempre que o teu billete o permita e poden estar suxeitos a gastos.

Consulta todas as condicións