Dicir Barcelona é sinónimo de bo tempo, lecer infinito, unha gastronomía espectacular e, como non, praia!
E é que o litoral desta espectacular cidade está cheo de areais onde poder relaxarte e gozar despois dun día descubrindo a Cidade Condal… Estás listo para coñecer as praias de Barcelona connosco?
Seguramente recoñecerala por ser a praia de máis sona de Barcelona e como non! A Barceloneta é todo un símbolo da cidade grazas a todos os bares e restaurantes ao seu arredor e a todo o equipamento deportivo e de lecer co que conta a praia.
Entre o Hospital do Mar e a Rúa da Mariña, Somorrostro é unha continuación da Barceloneta que queda xusto a carón do Porto Olímpico, o que a converte nunha aposta segura para os turistas! Tamén queda preto do Zoo de Barcelona ou o Parque de la Ciutadella.
Outra das praias máis célebres (e das máis antigas!) da cidade é Sant Miquel. Está situada preto do centro da cidade, a carón da Plaza del Mar e conta con todos os servizos para gozar do baño perfecto e máis!
Bogatell é a praia por excelencia do Poblenou e é unha das praias recuperadas nos 90. Como a maioría das súas veciñas barcelonesas, Bogatell conta con servizos de todo tipo e está menos masificada que as praias máis preto do centro histórico de Barcelona.
Xusto ao lado de Bogatell atopamos a praia de Mar Bella de Barcelona. Esta praia ten un ambiente máis xuvenil e conta cun espazo reservado ao nudismo. Igualmente, conta con instalacións deportivas e unha área de xogos infantís.
Tes ganas de máis praias no litoral catalán? Entón, tes que pasar por Sitges e coñecer as súas rúas e como non, as súas praias! Ademais, moverse pola costa catalá é moi fácil grazas aos Rodalies. Descubre os horarios e rutas que mellor se adaptan aos teus plans e a gozar das praias de Barcelona e arredores!
Se xa estás convencido de visitar as praias de Barcelona, xa só queda preparar a viaxe e desde Renfe queremos poñercho moi fácil.
Por iso, propoñémosche as seguintes rutas para que chegues da forma máis cómoda, rápida e sostible ao teu destino.