Que ver en Almería: terra de mar e deserto 

 

Que nos vén á cabeza cando pensamos en Almería? Probablemente o deserto e as súas praias. O certo é que a terra almeriense é unha terra de contrastes, de praias virxes, vilas árabes, cantís e, por suposto, o seu marabilloso deserto. Os habitantes desta provincia teñen moito do que presumir.

Con ganas de descubrir un dos recunchos máis bonitos do sur? Segue a ler e apunta todas as cousas que ver en Almería!

Descubrindo Almería capital

Almería ocupou un lugar importante na historia de Andalucía e de España, dotándoa dun bo patrimonio e cultura. Unha cidade pequena e acolledora que sorprende aos seus visitantes con multitude de atractivos que coñecer. Aquí che deixamos os cinco imprescindibles que ver en Almería:

  • A Rambla de Almería: é tamén coñecida como a Avenida Federico García Lorca. A Rambla é a parte máis concorrida da cidade, con dous quilómetros de longo que van desde
    a zona norte da cidade ata o porto de Almería e o Cable Inglés.
  • Catedral da Encarnación de Almería: atópase na zona vella da cidade e trátase dunha catedral de estilo gótico que foi levantada, tanto con fins relixiosos coma defensivos. Desde a praza da catedral atoparás unha imaxe da fachada coas palmeiras que non podes deixar de ver!
  • A Muralla de Jayrán: son os restos do que queda da muralla que foi levantaba nuns inicios para protexer a cidade e que a rodeou durante décadas. Tela que ver!
  • Plaza de la Constitución: aquí atópanse tanto o Concello de Almería coma o Real Mosteiro da Encarnación. Trátase dunha das zonas máis animadas de toda Almería onde poderás descansar mentres tomas algo nalgún dos seus múltiples bares.
  • A Alcazaba: esta é a maior construción deixada polos musulmáns en Almería. Co tempo, converteuse nun símbolo da cidade que non podes perder. Ademais, sorprenderache o estado no que se atopa e gozarás como un neno paseando por ela.

Almería provincia: esperta todos os teus sentidos

Máis alá da súa capital, Almería conta cunha provincia preciosa chea de recunchos que coñecer e explorar. E é que nestas terras atoparás algunhas das vilas máis bonitas de España, así como impresionantes praias que ben merecen a pena unha visita.

  • Praias de Almería: esta cidade soubo manterse como un lugar que visitar polo seu patrimonio histórico, pero tamén como un lugar onde gozar do sol e a praia. As súas augas cristalinas e extensos areais converten as costas de Almería nunha das mellores de España. Apetéceche mergullarte? Descubre praias incribles en Almería como a Playa de Mónsul ou a Playa de los Muertos e moitas outras máis!
  • Mojácar: en 2003 esta vila foi considerada a máis bonita de España, honra moi merecida! En Mojácar podes tanto gozar do seu centro histórico, que é digno de ver, coma pasear polas súas preciosas praias. Algúns dos lugares máis idílicos que non podes deixar de visitar en Mojácar son: Plaza del Ayuntamiento,
    Plaza del Parterre, Puerta de la Ciudad ou o Barrio El Arrabal.
  • Níjar: É o cuarto concello máis poboado da provincia e atópase en pleno Parque Natural Cabo de Gata. Non podes deixar de visitar as súas paisaxes de dunas e praias baixo o manto dunha vila totalmente branca. Pódese pedir algo máis?

O Deserto Tabernas: que facer e que ver

Si, obviamente temos que falar do deserto de Tabernas. Sabemos que Almería non é só iso, de feito, enumeramos cantidade de sitios polos que non podes perder Almería. E tamén sabemos que o deserto é unha parte moi importante desta provincia que mesmo serviu de escenario para moitas películas de Hollywood (unhas 300). Pero, sabes que podes ver no deserto de Tabernas? Acompáñanos!

  • Visita o concello de Tabernas: unha das poboacións máis secas de Europa. Aquí podes visitar o castelo de orixe árabe situado nun outeiro ao lado da vila desde onde terás unhas vistas espectaculares.
  • Western Americanos: vilas ambientadas nas famosas películas de vaqueiros que todos lembramos. Estes lugares son perfectos para pasar un día en familia, e aos nenos encantaralles! Un destes poboados é Oasys Mini Hollywood, o cal conta con espectáculos en vivo, unha reserva zoolóxica e eventos temáticos que te farán revivir a vida do salvaxe oeste, como espectáculos «western» que recrean a acción da época.
  • Flora e fauna: aínda que sexa un ambiente seco, a realidade é que se poden atopar multitude de animais e plantas que souberon adaptarse ao ecosistema do deserto de Tabernas. En concreto, as raíñas deste deserto son as aves, aínda que tamén se poden atopar mamíferos, anfibios ou réptiles.

Como chegar a Almería con Renfe

Que é o que te convenceu? As praias? O deserto? As súas preciosas vilas? Sexa como for, entendemos que as ganas de visitar Almería abrollasen. Por iso e con motivo de facer a túa viaxe moito máis cómoda, desde Renfe ofrecémosche os prezos máis competitivos para que poidas chegar a terras almerienses da maneira máis rápida e sostible. Reserva os teus billetes e non quedes sen vivir esta marabillosa experiencia!