A illa fluvial máis grande de Europa atópase en Aviñón
 

Aviñón é coñecido polo seu conxunto histórico e en especial polo Palacio dos Papas e a súa famosa ponte. Desde hai moi pouco ofrécese a posibilidade de aloxarse no magnífico palacio. Unha experiencia maxestosa, podedes imaxinalo? Durmir nun palacio e non un calquera.  

Logo de durmir como reis, xa sexa no palacio ou calquera dos excelentes aloxamentos cos que conta Aviñón, preparamos a nosa mochila para saír destino á illa da Barthelasse

Cruzamos a Ponte de Édouard Daladier ou se o preferimos podemos optar por atravesar o río co servizo de transbordador gratuíto. Para dar a volta completa á illa, o máis recomendable é facelo en bicicleta. Non ten ningunha dificultade ao ser completamente plano e contar con carrís exclusivos para as bicicletas. Imos gozar do contorno agrícola, os pequenos animaliños que habitan na illa, como castores ou ourizos e, por suposto, multitude de aves como garzas, parrulos, patos reais, por poñer algúns exemplos. Cando nos apeteza descansar, hai paraxes para facer un pícnic merecido con vistas privilexiadas sobre o conxunto histórico de Aviñón.  

 

Vista de Avignon e as súas murallas
 

Unha vez repostos, regresamos aos pedais para rodear toda a illa fluvial máis grande de Europa. Durante a excursión, teremos a oportunidade de pasar ao lado do castelo de Barthelasse, do cemiterio e os campos de cultivo.   

En Aviñón resulta sinxelo alugar bicicletas. Algúns aloxamentos ofrecen o servizo e tamén hai a opción en dúas empresas que contan tanto con bicicletas eléctricas coma coas clásicas: South Spirit e Provence Bike. E aos que gozan máis camiñando, o percorrido é de 2 horas, un agradable paseo rodeados de natureza. Foi todo un descubrimento, unha illa rodeada polo Ródano chea de vida.  

Viaxa a Aviñón en tren

Aviñón sorprendeunos polo seu conxunto histórico e as súas propostas de rutas en bicicleta. Un contorno privilexiado para gozar en familia ou con amigos. Sube aos nosos trens AVE Francia, o AVE Internacional entre España e Francia de Renfe, e déixate levar a Aviñón de forma cómoda, rápida e sostible.

Cal será a túa próxima visita cultural? Podes seguir gozando de Francia a través doutras cidades conectadas polos nosos trens Alta Velocidad Internacional como Marsella, Nîmes, ​Béziers ou Lión, sempre de centro a centro da cidade.​​ 

Ti elixe como queres a viaxe, nós poñemos os destinos e o transporte.  Coñeces os nosos descontos? Aprovéitaos e obtén o mellor prezo no teu billete de tren.