Lión é deses destinos que visitar en calquera época do ano e independentemente das condicións climatolóxicas. A cidade ofrece unha boa manchea de museos, monumentos, percorridos e actividades para todos os gustos. Por iso, non tes de que preocuparte, se un dos teus días na capital da rexión de Auvernia-Ródano-Alpes non brilla o sol tanto como esperabas porque, mesmo nos días grises, podes gozar deste lugar a toda cor. Sube aos nosos trens de alta velocidade AVE Francia, o AVE Internacional entre España e Francia, e levarémoste a Lión para que visites un dos destinos máis atractivos de Francia.
Nun día chuvioso en Lión é posible que teñas a tentación de quedar no hotel e non saír ata que escampe. Porén, o mellor é que abras o paraugas e saibas que facer se chove en Lión.
Toma nota de todos os plans!
Non hai mellor maneira que comezar un día chuvioso que nunha coqueta cafetaría para quentar o corpo cun café e un delicioso biscoito ou pastel caseiro francés. En Lión as posibilidades son infinitas.
Se o ceo está gris e non parece que vaia cambiar, o ideal é optar por plans ao enxoito. Por iso, proponte visitar os museos máis curiosos de Lión e, mesmo, os menos coñecidos. Nun día chuvioso podes achegarte ao interesante Museo Lumière, que repasa a historia dos famosos irmáns cineastas. Outra boa idea é coñecer o Museo das Miniaturas, situado nun edificio do Vello Lión e que te transportará a un universo máxico de pequenas dimensións.
É posible que non o soubeses, pero o teatro de monicreques é orixinario de Lión. É máis, os monicreques son todo un símbolo da cidade. De aí que asistir a un espectáculo no mítico Teatro La Maison de Guignol se converta nun dos mellores plans para un día de choiva.
O outeiro de Fourvière é un deses recunchos imperdibles de Lión. É posible que ascender ata alí a pé poida parecer desatinado, se o día está anubrado. Non obstante, é un bo momento para tomar o teleférico e visualizar a cidade desde as alturas, sen mollarte e mentres te aproximas a esta parte tan importante de Lión.
No barrio do Vello Lión hai diversos «traboules» ou pasaxes cubertas que conectan rúas paralelas e conducen ao interior de edificios históricos. Hai un bo número deles tamén en La Croix-Rousse, así que descubrilos pode ser unha actividade ideal para un día agrisado.
A capital do departamento do Ródano conta con varios spas que che permitirán evadirte do temporal por un rato. Un espazo onde repoñer enerxías nun ambiente cálido.
Por último, pode ser un bo plan pasar a tarde nun centro comercial. Podes aproveitar para adquirir un recordo da túa visita, tomar un café, mirar os escaparates ou, mesmo, ir ao cine.
Preparado para a túa viaxe a Lión? Os nosos trens AVE Internacional entre España e Francia conectan esta cidade francesa con diversos puntos españois de forma cómoda, rápida e sostible. Vai facendo as maletas!
Cal será a túa próxima visita cultural? Ti elixe como queres a viaxe, nós poñemos os destinos e o transporte. Coñeces os nosos descontos? Aprovéitaos e obtén o mellor prezo no teu billete de tren.