Monumentos de Lión, Patrimonio da Humanidade
 

​​​​​​​Coñeces xa a capital da gastronomía e da seda, declarada en 1998 Patrimonio da Humanidade pola Unesco? Dividida en nove distritos, as rúas de Lión viron transcorrer máis de dous mil anos desde que os romanos a sinalaron como capital das Tres Galias no século I d. C. Agora, cos trens Alta Velocidad Internacional de Renfe, poderás trasladarte ao corazón de Lión en menos de cinco horas desde Barcelona. Sube aos nosos AVE a Francia!

Desde as súas orixes, Lión desempeñou un papel primordial no desenvolvemento da política, cultura e economía europea e tanto os seus monumentos coma toda a súa estrutura urbana son testemuñas vivos desa importancia.​ 

Outeiro de Fourvière

En primeiro lugar, cabe salientar o outeiro de Fourvière, ao cal se pode acceder en funicular, o máis antigo do mundo, e que constitúe primeiro barrio histórico en Francia declarado Patrimonio da Humanidade.  

A herdanza romana permanece aínda visible, dada a conservación de distintos recintos dedicados á celebración de espectáculos (entre os que destacan o teatro romano e o Odeón), como tamén distintas capelas e a basílica de Notre-Dame de Fourvière, que deron orixe ao actual Festival das Luces da cidade. ​​​ 

 

Outeiro de Fourviè​re
 

O «Vieux Lyon»

Resulta imposible pasar por alto o barrio renacentista do «Vieux Lyon», intacto desde a época medieval á beira do Saona e o máis indicado para perderse paseando e saboreando os pratos típicos da gastronomía local nun dos seus múltiples «bouchons» ou gozando da singular arquitectura dos famosos «trabouis», pasaxes medievais que comunican os edificios e rúas paralelas sen saír ao exterior.​ 

A zona do «Vieux Lyon» divídese en tres barrios ou seccións. A primeira delas, núcleo político-relixioso durante a Idade Media, sería Saint-Jean, que acolle a catedral de Saint-Jean, famosa polo seu reloxo astronómico e a Manécanterie, edificio adxunto e antiga escola do coro que hoxe en día integra o Museo dos tesouros da catedral. 

A segunda sección, Saint Paul, acolle os famosos «hôtels», residencias urbanas dos séculos XV e XVI. Destacan o Hôtel de Gadagne (actual Museo Histórico de Lyon) e o Hôtel Bulliod, como tamén o Templo da Bolsa, que se orixinou como bolsa de valores da cidade e hoxe en día acolle unha igrexa protestante. 

Por último, o terceiro barrio é Saint Georges, cuxas rúas ampararon aos traballadores da industria da seda durante o s. XVI. 

Presqu'île, a península da cidade

No mesmo centro de Lión, atópase a Presqu'île, centro comercial e urbano de gran atractivo patrimonial, cultural e artístico, rodeado polo Saona e o Ródano, que se estende ata La Croix-Rousse.  

O máis popular desta zona é sen lugar a dúbida as súas impresionantes prazas, en particular a Place des Terreaux, que alberga o Hôtel de Ville ou Concello, construída no s. XVII e reformada no s. XVIII despois dun incendio. 

Preto da Place des Terraux, destacan a Ópera Nacional e a Place Bellecour, coas estatuas Árbol-Flor e o rei Sol coroando o seu centro e unhas espectaculares vistas nocturnas, en que se albisca a basílica da Fourvière iluminada ao lonxe. 

 

La Croix-Rousse

Sobre o outeiro da Croix-Rousse, esténdese o singular barrio que foi no seu día o centro da industria da seda e cuxos restos son visibles hoxe na Montée de la Grande Côte, importante rúa desde a Idade Media. A raíz da influencia de varias congregacións relixiosas xurdiron diversos edificios como a Igrexa de Bruno des Chartreux, único templo barroco da cidade, ou o Convento de Saint Marie des Chaînes

Ao mesmo tempo, artesáns e comerciantes da seda trasladáronse a este barrio e inspiraron o ambiente sereno e peculiar das súas rúas, xunto ao famoso «traboulle» de Cour des Voraces.  

Outra das razóns pola que Lión é moi coñecida é, sen dúbida, polo Plan Lumière, que consiste na iluminación de máis de 200 edificios e monumentos de interese, inspirado sen dúbida polos irmáns Lumière, creadores do cine cuxa casa acolle actualmente o Instituto Lumière, tamén chamado Museo da Luz, que posúe obxectos insólitos, rarezas e unha gran sala de proxección cinematográfica para os amantes do cine. 

Viaxa a Lión en tren

Agora que tes toda esta información, non che gustaría estar alí xa para velo cos teus propios ollos? Reserva xa o teu billete de tren a Lión!​

Nós facilitámosche o transporte de maneira cómoda, rápida e sostible, grazas aos nosos trens Alta Velocidad Internacional entre España e Francia. Cal será a túa próxima visita cultural? Ti elixe como queres a viaxe, nós poñemos os destinos e o transporte.  Coñeces os nosos descontos? Aprovéitaos e obtén o mellor prezo no teu billete de tren.