Política de cambios e devolucións COVID

Se o teu billete admite cambios e anulacións, poderás realizalos ata 15 minutos antes da saída do tren. A política de cambios e anulacións de Renfe depende do tipo de billete que adquirises

Para os billetes de Renfe-SNCF en Cooperación consulta a seguinte ligazón á web.

A túa confianza é importante - O compromiso social de Renfe coa cidadanía

Renfe devolveulles un total de 97,5 millóns de euros aos viaxeiros que non puideron viaxar polo estado de alarma e as restricións á mobilidade derivadas da pandemia da covid-19.

As medidas que as autoridades sanitarias estableceron para viaxar por España durante as distintas fases da pandemia e as propias medidas adoptadas por Renfe antes, durante e despois de embarcar a bordo dos trens, están permitindo que o transporte ferroviario se realice cumprindo as condicións de seguridade e hixiene. Deste xeito, os nosos procedementos de limpeza e desinfección, e as distintas medidas de embarque, desembarque e a bordo, mereceron o recoñecemento dos certificados AENOR e SGS contra a COVID-19 para o transporte de viaxeiros na nosa frota de trens Ave, Larga Distancia, Avant e Rodalies de Catalunya e estase a traballar para lograr a certificación no resto dos servizos.

Así mesmo, Renfe mantén unha estreita coordinación coas autoridades sanitarias para evitar a transmisión da COVID-19 nos trens. A través do billete personalizado, implantado o pasado 20 de abril, pódese acceder aos datos básicos da persoa que realiza a viaxe (información de contacto como o teléfono móbil e o correo electrónico) e, polo tanto, facilitarlle os devanditos datos ás autoridades sanitarias que llo soliciten a Renfe cando unha persoa viaxase en tren sendo positiva ou estivese en contacto con outra que o sexa.
 

Lembra que puxemos en marcha un amplo conxunto de medidas, certificadas por AENOR e SGS, para que poidas gozar dunha viaxe segura e tranquila. Coñéceas.

 

Soña de novo coa viaxe, móvete con Renfe e coida do ambiente.