CONSULTA QUE INCLÚE CADA BILLETE E OS EXTRAS PARA MELLORAR A TÚA VIAXE

Compara coa nosa táboa todos os detalles dos billetes Básico, Elige Estándar, Elige Confort e Prémium. Melloramos as condicións de cambio e ofrecémosche novos extras para darche máis flexibilidade. Lembra que ao mercares con antelación obterás os prezos máis baratos.

No caso do AVE Internacional entre España e Francia, a opción do billete Premium non está dispoñible, pero poderás gozar das demais opcións (Básico, Elige Estándar e Elige Confort). 
 

 

TODOS OS NOSOS BILLETES TEÑEN INCLUÍDOS ESTES SERVIZOS:

A BORDO

EN TERRA

3 vultos de equipaxe

Centros de Atención ao cliente

Compromiso de puntualidade

Puntos de última hora

Audio e vídeo a bordo (agás Intercity)

Máquinas autovenda

Wifi (PlayRenfe en AVE)

Asistencia a persoas con mobilidade reducida

Coche en Silencio (AVE/Euromed)

Combinado Cercanías

Cafetaría/bar móbil

Obtención de Puntos Renfe

TEN EN CONTA QUE:

  • Os extras de cambios e anulación (Cambios gratuitos ilimitados, Puente AVE, Reembolso total e Pack Superflex) só poden adquirirse no momento da compra do billete e non están dispoñibles para billetes Básicos. Escolle billete Elige ou Prémium para poder gozar de maior flexibilidade.
  • Todos os nosos billetes poden anularse de balde nas 2 horas seguintes á compra.
  • Os billetes para viaxar en trens AVE e Larga Distancia son nominativos, así podemos contactar contigo en caso de necesidade. Cando viaxes, non esquezas levar contigo un documento de identidade vixente con fotografía (DNI, permiso de conducir, tarxeta de residencia ou pasaporte). Poden realizarse controis de identidade durante o proceso de facturación ou a bordo dos trens.
  • No caso do AVE Internacional entre España e Francia, a opción do billete Premium non está dispoñible, pero poderás gozar das demais opcións (Básico, Elige Estándar e Elige Confort). 

Se viaxas en trens AVE ou Larga Distancia, o teu billete inclúe o Combinado Cercanías, co que poderás viaxar en Cercanías, Rodalies e no TRAM de Alacant. Podes utilizar o Combinado Cercanías desde 4 horas antes da saída do tren e ata 4 horas despois da chegada ao teu destino.

Adquire o Combinado Cercanías en máquinas autovenda e despachos de billetes, escaneando o código de barras ou introducindo o código numérico que figura no teu billete. Ademais, nas estacións de Cercanías dos núcleos de Madrid, Málaga, València e Murcia/Alacant, poderás acceder directamente á rede de Cercanías presentando nos torniquetes de acceso con lector de códigos, as barras bidimensionais (BIDI) do teu billete AVE ou Larga Distancia e así evitar o trámite en máquinas autovenda ou despachos de billetes.