O barrio de l'Ecusson en Montpellier: consellos para non perder nada
 

​​​​​Montpellier é unha das cidades máis bonitas de Francia. Preséntase como un destino tranquilo para gozar das súas prazas, avenidas e distintos barrios. O zona vella desta urbe occitana, coñecido como Ecusson, é un dos imperdibles, xa que nel atópanse algúns dos principais atractivos da cidade. Cos nosos trens AVE Francia, o AVE Internacional entre España e Francia de Renfe, poderás chegar a Montpellier desde distintos puntos de España. Sube e prepárate para coñecer un destino que che encantará!

Que visitar en l'Ecusson 

O barrio de l'Ecusson é un labirinto de rúas que conducen a fermosos e curiosos lugares. Trátase do corazón de Montpellier, o seu centro histórico e barrio máis mimado. O punto de partida dunha visita por esta área ben podería ser a emblemática Place de la Comédie, unha praza que noutros tempos se chamou «a praza do ovo», pola súa forma ovalada. Presidida pola fonte das Tres Grazas e o edificio da Ópera Comédie, esta praza atópase sempre en ebulición.

Imprescindible é, así mesmo, a Catedral Saint-Pierre de Montpellier, unha das visitas obrigadas se estás de paseo por Ecusson. Construído no século XIV, o templo marabilla pola súa inmensidade.  

Os amantes da arte non poden perder o Museo Fabre​, que alberga unha enorme colección de máis de 800 obras de artistas europeos. As creacións de grandes mestres italianos, franceses, españois ou flamencos exhíbense neste lugar.  

Ademais, este barrio ten o seu propio Arco do Triunfo e acolle o coqueto Acueduto de Saint-Clément, que data do século XVIII. 

Acueduto de Saint-Clément
 

De compras en l'Ecusson 

As rúas de Ecusson son fantásticas para os adictos ás compras. Case en cada recuncho é posible atopar algunha tenda con encanto onde adquirir artesanía, roupa ou libros. Xusto detrás da Praza de la Comédie sitúase o centro comercial Polygone. Pola súa banda, a Rue Foch é unha concorrida rúa comercial que alberga sobre todo boutiques e tendas de moda de luxo. Por último, non perdas a Rue de l'Aiguillerie, onde atoparás establecementos de todo tipo. 

Onde comer 

Logo dun paseo polo barrio, é normal que che entre a fame. A boa noticia é que o barrio de l'Ecusson é un dos mellores sitios en Montpellier para probar a cociña local. Non en van, é unha zona na que abundan as cafeterías e os restaurantes nos que degustar pratos de alta calidade ou ben simplemente sentarse a tomarse un bo viño. 

Viaxa a Montpellier en tren

Cando descubrimos unha cidade como Montpellier, gústanos que o tempo pase lentamente para saborear cada segundo nela, pero para desprazarnos, o mellor é algo rápido, cómodo e sostible… coma os trens de Alta Velocidad Internacional de Renfe. Descubre os nosos trens AVE a Francia, o AVE Internacional que te leva entre España e Francia nun chiscar de ollos, sen atascos e sen problemas de equipaxe.

Cal será a túa próxima visita cultural? Ti elixe como queres a viaxe, nós poñemos os destinos e o transporte.  Coñeces os nosos descontos? Aprovéitaos e obtén o mellor prezo no teu billete de tren.