Busca o tren Madrid – Málaga que mellor se adapte ás túas necesidades e atopa o mellor prezo na nosa páxina. Goza da túa viaxe en tren a Málaga, lembra que é a maneira máis rápida, cómoda e sostible de viaxar.
Viaxa en Alta Velocidade a Málaga ao mellor prezo. Compra xa o teu billete de AVE e Avlo e goza dos mellores descontos para nenos, mozos, persoas maiores, familias numerosas e moito máis.
A estación de Málaga María Zambrano está aberta desde as 05:00 h ata as 00:45 h e conta con múltiples servizos:
- Venda de billetes
- Zona comercial
- Alugueiro de coches
- Aparcadoiro de vehículos
- Conexións coas liñas C1 e C2 de Cercanías
- Conexión con metro e autobús
- Parada de taxis
- Adaptada a persoas con mobilidade reducida
Podes coller un tren desde a estación Madrid Porta de Atocha - Almudena Grandes destino Málaga María Zambrano a partir das 07:35, para que poidas aproveitar ao máximo o teu tempo. Lembra que o prezo do teu billete de AVE ou Larga Distancia inclúe unha viaxe gratis (Combinado Cercanías). Nós poñémoscho fácil!
Málaga é unha xoia do Mediterráneo que sen dúbida te namorará. O seu bo clima, o seu ambiente, a súa cultura e a súa gastronomía fan de Málaga un destino único. Vés, non?